11 de mar. de 2024

Dálle! Abrimos novo prazo ordinario de inscrición


Desde este luns, 11 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo. A documentación requerida deberá enviarse ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.gal.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2023), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2023/24 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 3 de abril. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 22 de abril. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate este proceso ordinario.

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:

27 de dec. de 2023

En Directo Nos Barrios

Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña comezarán 2024 activamente, retomando o formato de exhibición dos seus grupos residentes "En Directos nos Barrios". Trátanse de concertos, formato showcase, para dar a coñecer o traballo de novas propostas musicais da cidade.

Participarán 2 agrupacións: Roda Door, grupo pop-rock que logo dun tempo traballando e definindo o seu proxecto, veñen de completar a súa formación coa inclusión dun 5º integrante, e o Metal de Nordés, quenes fai pouco máis dun mes publicaban "Tempestade", o seu primeiro traballo, que contén 7 temas e pode escoitarse nas principais plataformas dixitais de audio.

O evento terá lugar o mércores 3 de xaneiro, desde as 20.00 h, no Espazo Xuvenil O Remanso, situado en fronte da fonte de 4 camiños. O acceso o público será libre desde 15 minutos antes do comezo, e até cubrir a capacidade do recinto.
Share:

18 de out. de 2023

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 23 de outubro.

Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
 

Share:

4 de out. de 2023

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 23 de outubro:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.
Share:

17 de set. de 2023

Un espazo onde conectar!

 

Desde este luns, 18 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo. A documentación requerida deberá enviarse ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.gal.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2023), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2023/24 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 1 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 23 de outubro. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate esteproceso ordinario.

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:

26 de xuño de 2023

Directos no Castelo 2023

Logo da boa acollida do ano pasado, onde se esgotaron todas as entradas, este venres 30 chega unha nova edición deste formato de concertos showcase no Castelo de San Antón.

Serán 3 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña que participarán nesta ocasión: Batiscafo, Hundred Fires e Revel Velvet. Se ben todos estes proxectos parten da etiqueta Pop-Rock, cada un deles mostrará enriba do escenario os matices que os definen.

Para acceder ao evento como público, só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía en coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.

Share:

18 de abr. de 2023

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 24 de abril.

Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en setembro, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive