26 de dec. de 2018

En Directo nos Barrios


Algúns dos grupos residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña encherán de música 2 dos barrios da cidade para despedir o 2018. Trátase dun novo ciclo de microconcertos que aproxima estes novos proxectos musicais á cidadanía. Concertos en horario de 21.00 a 23.00 h, e acesso libre ao público até cubrir aforo.

A primeira cita terá lugar no Centro Cívico do Castrillón este xoves, día 27, e contará co potente directo de Theta Waves e Shock, máis o debut do Indie acústico de Planeta Fugaz.

O outro "En Directo nos Barrios" será o venres 28 no Centro Cívico Os Rosales, e contará co Rock de Night Trip e máis do grupo gañador do último Festival Solidario Coruña En Directo, Crimson & Clover, ademais do Indie Rock de The Wonderminds, grupo participante na última edición do Festival Noroeste EG.


Share:

18 de out. de 2018

Listaxe definitivo de admitidos para o comezo da quenda semestral outubro 2018-novembro 2019

A continuación se publica a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 22 de outubro.


Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

Share:

4 de out. de 2018

Festival Solidario Coruña En Directo 14



A Sala O Túnel acollerá o vindeiro xoves 11 unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, a iniciativa musical que conta con grupos usuarios dos Locais de Ensaio municipais e cuxos beneficios se destinan a unha entidade social. Con esta cita serán 14 as ocasións nas que se celebre o evento, cuxo formato tamén tenta dar protagonismo a grupos que comezan a dar os primeiros pasos no eido musical, ademais de mostrar o traballo de bandas que comparten cartaz con proxectos de longa traxectoria, xa que algúns deles teñen participado en eventos tan potentes como o Festival Noroeste.

A sala, situada nos baixos do Coliseum, abrirá as súas portas a partires das 19.00 h para dar paso a diferentes estilos musicais, como o rock, pop, indie, metal, hip-hop ou música tradicional galega. En total, serán 5 horas de concerto nas que participarán 43 mozas e mozos de 10 grupos usuarios dos Locais: 011Studios, Chomoloco, Crimson & Clover, Dequenvessendo, Norwaves, Sala 5, Shock, Theta Waves, Tripod3 e Wondermind.

A proposta ten un claro carácter solidario, polo que os beneficios que se recaden da cita destinaranse ao Banco de Alimentos Rías Altas. A entrada, como é habitual, será de balde, polo que, para acceder á sala, o público deberá achegar un mínimo de 2 litros de leite. Para máis información, consulta nas redes sociais o cancelo #CoruñaEnDirecto.



Share:

1 de out. de 2018

Listaxe provisional de admitidos para a quenda semestra de ensaios outubro 2018 - marzo 2019


A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 22 de outubro:
Unha vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais desde a publicación, para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, precisando a asistencia dun/dunha representante de cada grupo. Os grupos aptos que non asistan á xuntanza, xunto aos grupos cuxas solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

12 de set. de 2018

A túa música, o teu local: Aberto novo prazo ordinario de inscrición



Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña abren un novo prazo de inscrición para ensaiar nas súas instalacións durante o vindeiro semestre. Para inscribirse, deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico: xuventude@coruna.es. As inscricións deberán adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do proxecto musical
- Certificado de empadroamento, con data de 2018, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2018/2019 de, cando menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

Como atoparás nas bases de convocatoria, os requisitos para acceder aos ensaios son:

- Que cando menos a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que cando menos a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos nun centro educativo da cidade

O periodo de inscrición ordinario comprende desde o xoves 13 até o venres 28 de setembro ás 14.00 h CET. As solicitudes enviadas logo dese intre tramitaranse unha vez comezada a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción das solicitudes.

Os novos horarios darán comezo o luns 22 de outubro. A listaxe provisional de grupos admitidos publicarase o 3 de outubro, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o sábado 13 de outubro. A partires do 15 de outubro presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (cando menos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de asignación de horarios.

Share:

11 de abr. de 2018

Listaxe definitivo de admitidos para o comezo da quenda semestral abril-outubro 2018

A continuación se publica a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro 23 de abril.
 
Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios que terá lugar o venres 20 ás 20.00 h no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/ Matadoiro, 68).
Share:

28 de mar. de 2018

Listaxe provisional de admitidos para a quenda semestral de ensaios abril-outubro 2018

A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 23 de abril:

Unha vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais desde a publicación, para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán achegar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, precisando a asistencia dun/dunha representante de cada grupo. Os grupos aptos que non asistan á xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude foi enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

11 de mar. de 2018

Ensáiate!: Aberto novo prazo ordinario de inscrición


Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico: xuventude@coruna.es. As inscricións deberán adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de empadroamento, con data de 2018, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2017/2018 de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

Como atoparás nas bases de convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:

- Que, alomenos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alomenos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade

O periodo de inscrición ordinario comprende desde o luns 12 até o domingo 25 ás 14.00 h CET. As solicitudes enviadas logo dese intre tramitaranse unha vez comezadaa a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción de solicitudes.

Os novos horarios darán comezo o luns 23 de abril. A listaxe provisional publicarase o 28 de marzo, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o sábado 7 de abril. A partires do 11 de abril presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (alomenos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de adxudicación de horarios.
Share:

19 de feb. de 2018

Festival Solidario Coruña En Directo XIII


O venres 2 de marzo terá lugar unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, con 7 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Xunto a Wondermind (quenes debutaron xusto na anterior edición, celebrada o pasado setembro), descubriremos novas propostas: o Rock que levan dentro os integrantes de Chomoloco, Fatty Boop e Strob; o Folk de DeQuenVesSendo, o Pop-Rock de Indigo, e o Punk dos Theta Waves. Serán en total 29 usuarios dos Locais que se subirán ao escenario da Sala O Túnel para mostrar o traballo realizado nos ensaios dos últimos meses, nun evento que terá unha duración de 4 horas e media. Con estes, sumaranse 60 grupos (máis de 200 mozos e mozas) intervenientes nas xa trece edicións deste formato de festival que, semestralmente, tenta dar visibilización aos grupos noveis da cidade, ademais de apoiar unha boa causa.

Este evento procura ser un trampolín para grupos participantes, a quenes non sempre lles é doado atopar un lugar onde mostrar a súa música. En edicións anteriores, poideron debutar nun escenario grupos que despois deron actuado en festivais consagrados como o Festival Noroeste EG, como Harakiri, Senectud Sideral, ou Say My Name (quenes tamén participaron na última edición do Festival Portamérica), e grupos especialmente activos na escea local actual, como Jules & The Wolf e Proyecto Moucho.

As invitación estarán dispoñibeis no acceso á sala (a cal está situada nos baixos do Coliseum), o propio día do evento. Para acceder aos concertos, pedirase achegar, alo menos, 3 Kg/l de alimentos non perecedeiros a favor da Cociña Económica. Preferentemente: feixóns, lentellas, macarróns, zume (en brick), atún en lata, e aceite.

Poderás seguir todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co Hashtag #EnDirectoXIII.

Share:

15 de xan. de 2018

Volume 7


Publicamos o 7º recopilatorio anual de traballos plasmados no estudio de gravación dos Locais de Ensaio polos grupos usuarios ao longo do ano 2017. Desta vez, son 11 os cortes que atoparedes no disco, un dos máis variados de todos os que temos editado ao incluir estilos tan dispares coma o Punk, Indie, Metal, Trap e Rock.

Nel, podedes atopar a evolución de grupos asiduos das actividades que desenvolvemos dentro dos Locais, como IngravityHarakiriProyecto MouchoRemindersQuetzal Rider, ou Sala 5, e novidades como Theta WavesQuietaTrípod3Wondermind Thacheesemakers.

Poderedes conseguir, de balde, as copias en CD do Volume 7 en todas as Bibliotecas Municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil, e nos propios Locais de Ensaio, nos seus respectivos horarios de apertura. Tamén podedes acceder aos temas que integran o disco na playlist "Volume 7da nosa canle de Youtube.



Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive