16 de xuño de 2025

Directos No Castelo 2025


O vindeiro 20 de xuño o Castelo de San Antón acollerá un evento moi especial: A IV edición dos Directos No Castelo que celebrará os 15 anos de vida do proxecto dos Locais de Ensaio da Área de
Benestar.


Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña acaban de cumprir 15 anos traballando cos proxectos
musicais da mocidade coruñesa, ofrecéndolles de balde un espazo totalmente equipado onde poder
ensaiar, e facilitándolles os primeiros pasos para deselvolver a súa carreira, tanto con gravacións de
maquetas no seu estudio, como cun departamento de imaxe que lles facilita sesións fotográficas,
creación de logos, ou a edición de material audiovisual.


Para conmemorar este aniversario Directos no Castelo contará con 6 grupos residentes nos Locais de
Ensaio: Apolo18, Experimento Basement, FNXX, Hathereal, Revel Velvet e Roda Door, quenes
encherán de música o Castelo de San Antón durante as 3 horas que durará un evento apto para todos
os públicos, e no que haberá moita diversidade de estilos musicais no festival: desde Indie-Pop a Metal,
pasando por Blues, Rock, Funk, Grunge, ... unha mestura de estilos única nun espacio espectacular. Para
acceder como público, só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía desde o luns 16 ás 12.00 h en coruna.gal/mocidade. As entradas son limitadas.


Como previa, neste evento contaremos coa participación da equipa de Información Xuvenil que estarán
no acceso ao castelo cun stand informativo e con reto divertido e paticipativo e cun espacio de
actividades da man de Nocturnia, o programa de ocio saudable da concellaría de Benestar Social,
Igualdade e Participación, que proporá obradoiros de estampación natural, artesanía e múscia, para
mozas e mozos de 12 a 30 anos (con inscripción previa).

Share:

22 de abr. de 2025

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o 5 de maio. Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de recepción, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.






Share:

4 de abr. de 2025

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 5 de maio:
Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá pórse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.
Share:

20 de mar. de 2025

EN-SA-IA-MOS!!



Desde este xoves, 20 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2025), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2024/25 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 2 de abril ás 13.00 h. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 5 de maio.

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:

16 de out. de 2024

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 21 de outubro. Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.


As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de recepción, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.




Share:

1 de out. de 2024

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 21 de outubro:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá pórse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.
Share:

16 de set. de 2024

Novo proceso de inscricións!

 

Desde este luns, 16 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo.


Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2024), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2024/25 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 27 de setembro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 21 de outubro.

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive