Amosando publicacións coa etiqueta Os da Troula. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Os da Troula. Amosar todas as publicacións

13 de xul. de 2012

Volume 2


Xa tedes á vosa disposición o ansiado "Volume 2" con temas gravados no estudio dos locais de ensaio por grupos usuarios das instalacións.

Como xa se comentou en rolda de prensa o pasado 6 de xullo, consta de 10 temas que percorren un amplo abano de estilos, desde o Folk de Os da Troula até o Pagan-Metal de Fouce, pasando por sons máis achegados ao Blues (Akupuntura), o Rock de Carretera Comarcal e Crossroad, o Metal de Avézar, Warning!, Tolemia e Shinnen, ou a proposta máis acústica a cargo de Almakoa.

A edición consta de 1000 Cd´s a retirar de balde nos propios Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude, e nas vindeiras datas no CMIX do Fórum Metropolitano e máis na rede de Bibliotecas Municipais.

Share:

4 de abr. de 2011

Os da Troula e Cygnus no Achegarte


Onte, dous dos grupos que ensaian nos locais puxeron da súa parte nesa gran mostra da cultura que facemos neste recunchiño do planeta, o Achegarte. É de agradecer que a Concellaría de Cultura nos deixase formar parte da "festa" e compartir escenario con xente que leva anos debaixo dos focos como Luar na Lubre, Silvia Penide e un amplo etcétera.

Comezaron Os da Troula, mostrando a súa visión da música tradicional galega; festeiros e con ganas de divertiren o público asistente (cousa que conseguiron).

E, seguidamente, os Cygnus subiron ao escenario, sen tempo nin para proba de son e, xa desde os primeiros compases, demostraronlles ás persoas asistentes o poderoso do seu son.

Ambos os grupos deixaron o público con ganas de máis (que insistía pedindo algún bis) mais para iso cumprirá estarmos atentos e atentas aos vindeiros concertos que estes grupos dean.

Share:

1 de abr. de 2011

Achegarte!


Este fin de semana terá lugar no Palexco o Achegarte, feira cultural onde teñen cabida todo tipo de artes: AudiovisualLiteratura, TeatroMúsica, ... e actividades como Obradoiros, Charlas, ...   

Desde os locais de ensaio tamén poñemos a nosa pedriña, e os dous grupos de música instrumental que temos neste momento ensaiando aquí (Os da Troula e Cygnus) estarán no escenario o domingo a partir das 16.30 h.

Ah!, como se pode ver no cartaz... É de balde!!
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive