13 de out. de 2021

Listaxe definitivo de grupos admitidos

 A continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 18 de outubro:

Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
Share:

1 de out. de 2021

Listaxe provisional de grupos admitidos

 A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 18 de outubro:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitva. Os grupos que consten con solicitudes incompletras poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

16 de set. de 2021

Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña abren un novo prazo de inscrición

Desde o xoves 16 pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 2 horas semanais de ensaio que actualmente se ofertan por grupo.

Agardando unha volta á normalidade que permita a reactivación do circuito de salas de concertos, non deixa de ser un bo momento para a creación, definición e melloras de proxectos musicais de xente moza da cidade, co fin de estar listos para mostrarse ao público cando a situación actual o permita.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2021) ou certificado de matrícula escolar para o curso 2021/22 de, cando menos, o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
 
O prazo ordinario de inscrición rematará o 26 de setembro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 18 de outubro.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, quenes teñen que seguir un protocolo ideado para previr contaxios. Entre elas:

- toma de temperatura antes do acceso.
- a capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4m2 a cada integrante de cada grupo.
- as salas, e o backline do que están provistas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.

Desde que reabriron as súas instalacións en xullo de 2020, nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña non foi detectado ningún gromo infeccioso, grazas á colaboración dos grupos residentes e o seguimento do protocolo de prevención contra a COVID-19.
Share:

21 de abr. de 2021

Listaxe definitivo de grupos admitidos

 A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 26 de abril:


Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios, xunto coas instruccións de acceso á mesma.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
Share:

6 de abr. de 2021

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 26 de abril:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.

Share:

15 de mar. de 2021

Novo prazo ordinario de inscrición

 


Xa podes optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite estar actualmente vivindo na cidade, ou cursando estudos nun centro do municipio, son os únicos 2 requisitos.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2021) ou certificado de matrícula escolar para o curso 2020/21 de, cando menos, o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.

O prazo ordinario de inscrición rematará o 5 de abril ás 14.00 h CET. A partires do 7 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando comezo a un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O 21 de abril publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, que darán comezo o 26 de abril.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas en prol da seguridade das persoas usuarias, as cales deben seguir un protocolo co obxectivo de previr novos contaxios. Entre elas, está a toma de temperatura antes de entraren no recinto e a capacidade das salas, de xeito que haxa un mínimo de 4 metros cadrados para cada integrante (actualmente, os ensaios están limitados a un máximo de 4 persoas).



Share:

26 de feb. de 2021


 

Share:

27 de xan. de 2021


 

Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive