16 de set. de 2021

Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña abren un novo prazo de inscrición

Desde o xoves 16 pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 2 horas semanais de ensaio que actualmente se ofertan por grupo.

Agardando unha volta á normalidade que permita a reactivación do circuito de salas de concertos, non deixa de ser un bo momento para a creación, definición e melloras de proxectos musicais de xente moza da cidade, co fin de estar listos para mostrarse ao público cando a situación actual o permita.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2021) ou certificado de matrícula escolar para o curso 2021/22 de, cando menos, o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
 
O prazo ordinario de inscrición rematará o 26 de setembro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 18 de outubro.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, quenes teñen que seguir un protocolo ideado para previr contaxios. Entre elas:

- toma de temperatura antes do acceso.
- a capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4m2 a cada integrante de cada grupo.
- as salas, e o backline do que están provistas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.

Desde que reabriron as súas instalacións en xullo de 2020, nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña non foi detectado ningún gromo infeccioso, grazas á colaboración dos grupos residentes e o seguimento do protocolo de prevención contra a COVID-19.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive