17 de abr. de 2024

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 22 de abril. Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en setembro, serán tratadas por orde de recepción, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.




Share:

7 de abr. de 2024

Festival En Directo 2024



O vindeiro venres, 12 de abril, terá lugar unha nova edición do Festival En Directo. Producido desde os Locais de Ensaio do Concello da Coruña, terá como protagonistas a 5 grupos noveis, todos usuarios deste servizo municipal.

O Indie-Rock de "Experimento Basement" e "O Conto de Sempre", o Metal de "Hell´s Heaven", ou as propostas máis eclécticas a cargo de "JPG" e "Roda Door" están a pulirse nos últimos ensaios previos os seus concertos.

A Sala O Túnel do Coliseum acollerá este evento, que dára comezo ás 20.00 h. Para asistir, as persoas interesadas poderán descargar, de balde, as súas invitacións a través da web coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.
Share:

5 de abr. de 2024

Listaxe provisional de grupos admitidos


A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá pórse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.
Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive