26 de mar. de 2019

Listaxe provisional de grupos admitidos para a quenda semestral de ensaios abril-outubro 2019


A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril:
Unha vez publicada esta listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segunda a orde estipulada no regulamento interno, requerindo a asistencia dun/dunha representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematada o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

13 de mar. de 2019

Volume 8



Xa está na rúa a 8ª escolma de cancións gravadas no estudio dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. O Volume 8 consta de 8 cortes, con gran variedade nos estilos musicais dos grupos que participan (Metal, Indie, Pop, Rock, ...). Poderedes ver os progresos de grupos que xa aparecían na anterior edición (Tripod3, Theta Waves, The Wonderminds, pero tamén descubrír novos proxectos musicais.

Pódense conseguir, de balde, as copias do Volume 8 en todas as Bibliotecas Municipais, no Centro de Información Xuvenil, e nos propios Locais de Ensaio.
Share:

11 de mar. de 2019

O teu local: Ábrese novo prazo ordinario de inscricións


Xa se pode optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio que se ofertan para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos nun centro do municipio son os 2 requisitos.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e tamén o permiso a menores de idade; toda a documentación requerida debe enviarse por e-mail a xuventude@coruna.es. O prazo ordinario de inscrición remata o 24 de marzo (todas as solicitudes aportadas fóra de prazo serán atendidas, por orde de recepción, unha vez comezado o novo semestre).

A partir do 26 de marzo poderá consultarse a listaxe provisional, abríndose un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O semana do 8 de abril publicarase a listaxe definitiva neste proceso, comezando o novo cadrante de horarios o 22 de abril.

Lembramos que este espazo municipal está dotado con todo o necesario para que os grupos só teñan que achegar ao Coliseum as súas guitarras, baquetas, e ganas de tocar. Ademais, contamos cun estudio onde gravar maquetas, e cun departamento de imaxe onde poder crear logos, fotos e demais arquivos que axuden aos grupos a chegar ao seu público, así como diversos eventos onde mostrar en directo o seu traballo.

Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive