Hoxe tivemos unha mañá moi produtiva nos locais. Á parte dos grupos que quedaron traballando na súa música nas salas de ensaio, un nutrido grupo de guitarristas (e algún que non é guitarrista tamén!) marchamos até a sala O Túnel e, ben guiados por Rubén Barros, aprendemos cousas importantes sobre as diferentes ferramentas que hai á disposición de este marabilloso instrumento para acadar un son preciso e persoal.
Amosando publicacións coa etiqueta Rubén Barros b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rubén Barros b>. Amosar todas as publicacións
27 de nov. de 2010
Masterclass de Rubén Barros
Locaisdensaio16:46A Coruña, concellaría de mocidade, guitarra, locaisdensaio, Rubén Barros, Sala O Túnel
Ningún comentario
Hoxe tivemos unha mañá moi produtiva nos locais. Á parte dos grupos que quedaron traballando na súa música nas salas de ensaio, un nutrido grupo de guitarristas (e algún que non é guitarrista tamén!) marchamos até a sala O Túnel e, ben guiados por Rubén Barros, aprendemos cousas importantes sobre as diferentes ferramentas que hai á disposición de este marabilloso instrumento para acadar un son preciso e persoal.
19 de nov. de 2010
Masterclass guitarra eléctrica
Locaisdensaio20:38A Coruña, concellaría de mocidade, guitarra, locaisdensaio, obradoiros, Rubén Barros, Sala O Túnel
Ningún comentario
Xa podedes inscribirvos na masterclass de guitarra eléctrica do día 27. Será ás 11.00h na sala O Túnel, e podedes formalizar a vosa inscrición desde aquí.
Será impartida por Rubén Barros, quen actualmente forma parte de Miki Nervio & the bluesmakers ( mikinervio.com ), Banda Potemkin ( myspace.com/bandapotemkin ) e Rúa Cega ( myspace.com/ruacega ) e colaborou en proxectos coa Big band do conservatorio de A Coruña, a Orquesta sinfónica de Galiza, con grupos como Meninhos da Rúa, The Forest Trío, ou músicos do nivel de Quique Alvarado, Miguel Queixas ou Luís Moro.
Coma sempre, é de balde e teñen preferencia os usuarios dos locais. Aforo limitado, así que apurádevos a cubrirdes a inscrición!!!



