19 de set. de 2022

Sube o nivel! | Aberto novo prazo de inscrición

Desde este luns, 19 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas de ensaio semanal gratuito.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2022), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2022/23 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso


O prazo ordinario de inscrición rematará o 2 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 24 de outubro. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate o proceso ordinario.

Os grupos que o desexen terán a posibilidade de subir o nivel do seu proxecto musical, podendo gravar as súas composición no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar táboas enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisan con titorías específicas para cada proxecto.

Durante o semestre que está a piques de rematar, déuselle a oportunidade a todos os grupos residentes nos Locais de Ensaio de participar nos Directos No Castelo, un evento realizado no Castelo de San Antón a mediados de xullo, e do que podes ver un breve resumo facendo click aquí.



Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive