Amosando publicacións coa etiqueta lecer saudábel. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecer saudábel. Amosar todas as publicacións

20 de mar. de 2025

EN-SA-IA-MOS!!



Desde este xoves, 20 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2025), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2024/25 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 2 de abril ás 13.00 h. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 5 de maio.

Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.

Share:

11 de xuño de 2024

Directos no Castelo 2024


O verán musical coruñés dará comezo no Castelo de San Antón, o venres 21, coa terceira edición dos Directos No Castelo. Logo do éxito nos anos pasados, onde se esgotaron todas as entradas, repetirase a fórmula como xeito de dar a coñecer novos grupos da nosa cidade. Serán 6 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña que participarán nesta ocasión: O Conto de Sempre, Experimento Basement, Roda Door, Ardi Jazz, Hell´s Heaven e Nuclear Waste forman, por orde de actuación, o line up do evento que, desta vez, será especialmente variado en canto a estilos, desde o Jazz ao Metal, pasando polo Funk ou o Indie.

Para acceder ao evento como público, só hai que descargar os convites que estarán á disposición de toda a cidadanía en coruna.gal/mocidade a partires do mércores 12 ás 08.00 h. A capacidade do emprazamento estará limitada.

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive