22 de dec. de 2010

Obradoiro de son

Xa vos podedes inscribir no obradoiro de son do vindeiro martes. Será ás 18.00h na Sala 3 dos locais de ensaio. Coma sempre, é de balde e terán preferencia os usuarios dos locais. En "Como facer soar unha banda", trataremos as ferramentas indispensábeis para comezar a usar...
Share:

18 de dec. de 2010

ENCHUFADOS!!, unha noite inesquecíbel

Onte na sala O Túnel, no Coliséum, tivemos o primeiro festival ENCHUFADOS!! dos locais de ensaio. É destacábel a afluencia de público desde o comezo do evento, o que fixo que fose subindo a temperatúra da sala, ademáis dos decibelios!!. Desde a organización, temos que lle dar...
Share:

14 de dec. de 2010

Convites para o festival ENCHUFADOS!!

Desde hoxe pola mañá podedes facervos cos convites para o festival deste venres. Recordade que os puntos de recollida son: o despacho de billetes da praza de Ourense, o CMIX do Fórum Metropolitano, e os mesmos locais de ensaio. Daranse un máximo de 4 convites por persoa, e...
Share:

10 de dec. de 2010

invitacións

Debido ás moitas consultas recibidas pola recollida das invitacións, informámosvos de que poderedes comezar a retiralas a partir de principio da vindeira semana (previsibelmente non antes do luns pola tarde). De todos os xeitos, avisarémosvos tanto mediante o blogue...
Share:

2 de dec. de 2010

ENCHUFADOS!!

O festival "ENCHUFADOS!!" celebrarase na sala O Túnel do Coliséum o día 17 de decembro. Participarán 11 grupos e un total de 48 músicos. Comezará puntualmente ás 20.00h (apertura de portas media hora antes). Poderase ver o traballo destes grupos nos locais de ensaio,...
Share:

27 de nov. de 2010

Masterclass de Rubén Barros

Hoxe tivemos unha mañá moi produtiva nos locais. Á parte dos grupos que quedaron traballando na súa música nas salas de ensaio, un nutrido grupo de guitarristas (e algún que non é guitarrista tamén!) marchamos até a sala O Túnel e, ben guiados por Rubén Barros,...
Share:

24 de nov. de 2010

Temario da Masterclass de guitarra eléctrica

Facilitámosvos o contido da masterclass que este sábado dará Rubén Barros: Prólogo -  Pequenas nocións de acústica  . ¿Qué é a Frecuencia? (definición de nota musical)  . Umbral de audición  . ¿Qué é o estéreo? (direccionalidade)  . ¿Qué...
Share:

19 de nov. de 2010

Masterclass guitarra eléctrica

Xa podedes inscribirvos na masterclass de guitarra eléctrica do día 27. Será ás 11.00h na sala O Túnel, e podedes formalizar a vosa inscrición desde aquí. Será impartida por Rubén Barros, quen actualmente forma parte de Miki Nervio & the bluesmakers ( mikinervio.com...
Share:

30 de out. de 2010

Obradoiro de loxística

Hoxe pola mañá tivo lugar, na sala O Túnel do Coliséum, o primeiro obradoiro dos locais de ensaio. É de agradecer que entre os/as asistentes houbese tanta inquedanza pola temática, xa que isto favoreceu o desenvolvemento do obradoiro ao longo das case dúas horas e...
Share:

18 de out. de 2010

Como funciona unha banda?

Este obradoiro ten como finalidade ilustrar as bandas sobre a importancia dunha loxística de grupo. Trataranse temas como: - definición do concepto de grupo. - programación dos ensaios. - metas a curto-medio-longo prazo. - publicidade: cartaces, fotos, creación dun logo,...
Share:

16 de out. de 2010

Wi-Fi

logo Wi-Fi propiedade de Wi-Fi alliance        Desde hoxe, os locais están equipados cunha rede Wi-Fi que da cobertura ás salas de ensaio. Só tedes que vos achegar á sala de control e preguntar polo contrasinal e, coa axuda dun portátil ou...
Share:

13 de out. de 2010

OBRADOIROS!!!

Esta é a oferta formativa dos locais para este semestre. A idea é que haxa un obradoiro cada último sábado do mes. Comezarán ás 11.00h, durarán aproximadamente unhas 2 horas, e terán lugar na Sala O Túnel (situada no Coliséum, anexa aos locais). En pouco tempo subiremos...
Share:

28 de set. de 2010

ENCHÚFATE!

Hoxe presentouse no Concello a campaña publicitaria dos locais. A idea é mostrarlle á cidadanía a existencia do proxecto, que facemos e onde nos pode encontrar.  A concelleira de Mocidade, Ermitas Valencia, destacou no acto a grande aceptación da iniciativa por parte...
Share:

9 de set. de 2010

Obertura

Abrimos este blogue como ferramenta de apoio loxístico aos grupos que desfrutan das instalacións e como medio de comunicación para nos achegarmos a calquera persoa que teña algún tipo de curiosidade sobre o tema: o día a día dos locais de ensaio. Comprometémonos a darmos...
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)