Onte na sala O Túnel, no Coliséum, tivemos o primeiro festival ENCHUFADOS!! dos locais de ensaio. É destacábel a afluencia de público desde o comezo do evento, o que fixo que fose subindo a temperatúra da sala, ademáis dos decibelios!!.
Desde a organización, temos que lle dar as grazas ...
- Ao público, por esgotar os 700 convites en 3 días, e apoiar aos grupos como merecían, tanto por achegarvos a pé do escenario a darlles o voso apoio, como por cantar as versións que sabiades e aplaudir cada tema coma se fose o última.
- Aos grupos, por facilitardes tanto a realización do evento e deixar a pel no escenario.
Ademáis, querémosvos agradecer aos usuarios e usuarias dos locais que vos achegastes ao Túnel ver os vosos compañeiros e recordarvos que isto foi só a primeira edición!!.
Almakoa tiveron a honra (e tamén a difícil tarefa) de abriren o festival
Distrito 81 acenderon os amplis do festival
La Dance e a súa proposta de Pop electrónico. AVISO: disco á venda!!
Venus on fire deleitaron os fans do movemento Paramore
... e chegou o momento de Carretera Comarcal e súa lexión de fans
Los hierba seca ensináronnos o seu bo Rock ... e como facer skate enriba dun subwoofer!!
Drinking zaps deron caña!!
A xente desfrutou coas versións de Warning!
Por quén dobran as campanas? Tremendo o Metal dos Crash broken (ou eran os Broken crash??)
Para rematar a festa... o nu-metal de Avézar.
Fotos: Patricia Lesta
Un dia para recordar¡¡¡ Muchas gracias a Christian y a toda la organización del festival por todo el trabajo. GRACIAS¡¡¡
ResponderEliminarmoitas gracias a organizacion pola oportunidade que nos deu....
ResponderEliminarsaudos dos skaters de Hierba Seca ....
Una buena noche, buena compañia y en definitiva diversión.
ResponderEliminarCristian animo y recuperate de tanto trabajo! saludos y abrazos para todos/as!
Almakoa