A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o longo desta semana. Os grupos admitidos serán convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.
As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de recepción, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
11 de maio de 2026
Listaxe definitivo de grupos admitidos
29 de abr. de 2026
Listaxe provisional
Finalizado o prazo de subsanación de documentación para a quenda semestral de ensaios maio-outubro 2026, publícase a listaxe provisional de grupos admitidos. Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 5 días naturais para reclamacións.
16 de abr. de 2026
Listaxe de solicitudes recibidas
Finalizado o prazo ordinario de presentación de solicitudes para a quenda semestral de ensaios maio-outubro 2026, publícase a listaxe de solicitudes presentadas, na que aparece detallado o estado de cada solicitude. Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 5 días naturais para subsanación de documentación por parte dos grupos cuxa solicitude conste como incompleta. Os arquivos solicitados deberán enviarse a xuventude@coruna.gal
26 de mar. de 2026
Sube o volume
Desde este xoves, 26 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo.
Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:
- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2026), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2025/26 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso
O prazo ordinario de inscrición rematará o 9 de abril ás 13.00 h.
Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.













