25 de xuño de 2015

Nova quenda para o obradoiro con Carmen Rey


Debido á alta demanda desta obradoiro, habilitase unha nova quenda para os luns 29 de xuño, e 6 e 13 de xullo. A temática será exactamente a mesma, e o horario tamén, de 11.00 a 14.00 h.

O prazo de inscrición rematará, igualmente, o venres, día 26, ás 21.00 h. Para inscribirte, só tes que cubrir o formulario que atopas á túa dereita, e un e-mail respostarache da túa situación, xa que teñen preferencia @s actuais usuari@s dos Locais de Ensaio, e despois os menores de 30 anos.
Share:

18 de xuño de 2015

Obradoiro de técnica vocal moderna, con Carmen Rey


Abrese o prazo de inscrición para o obradoiro de técnica vocal moderna. Profundizarase na importancia dos estiramentes, da respiración, dos exercicios de afinación e vocalización, ... ademais da improvisación. O obxectivo é que os asistentes melloren a súa técnica vocal, evitar lesións, e coñecerse o rango vocal. Cada alumn@ preparará ao longo do curso 2 cancións, e facilitaranse uns exercicios prácticos para facer na casa ou no ensaio.

Esta acción formativa consta de 9 horas, e terá lugar na Sala 2 dos Locais de Ensaio, en horario de 11.00 a 14.00 h, os martes 30 de xuño, e o 7 e máis o 21 de xullo.

Como fai xa 4 anos, contamos con Carmen Rey para impartila. Para os que non a coñezades, é mestra de canto, e compoñente de varios proxectos musicais, entre os que destacamos Carmen Rey Grupo, onde se xunta con musicazos da talla de Miguel Cabana, Tito Calviño, Rubén Apratto e Sergio Delgado, ou Sisters in the House, coro de música negra ao cal dirixe, integrado exclusivamente por mulleres, e que actualmente compite no programa Oh Happy Day da TVG.

Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que tes á túa dereita, un e-mail de resposta informarache da túa situación, xa que teñen preferencia @s usuari@s dos Locais de Ensaio, e despois os menores de 30. O prazo de inscrición rematará o venres 26 de xuño ás 21.00 h, e para que @s asistentes consigan sacarlle o mellor rendemento, o obradoiro está limitado a 8 prazas.
Share:

27 de abr. de 2015

Horarios abril-outubro 2015

Con data 24 de abril de 2015, tras o proceso de valoración de solicitudes recibidas para a quenda de abril a outubro 2015, e tras a aprobación da listaxe definitiva, procedese á adxudicación de horarios aos grupos, seguindo os criterios establecidos nas bases.

Aqueles grupos que non están na listaxe publicada, cumpran os requisitos dispostos no regulamento e queran comezar a ensaiar nos Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude, poderán presentar a solicitude de uso, xunto a toda a documentación requerida, nos Rexistros Municipais, ou a través da Sede Electrónica https://sede.coruna.gob.es/, e optar a uns dos horarios de ensaio que todavía quedan dispoñibeis.
Share:

24 de abr. de 2015

Lista definitiva de admitidos para a quenda abril-outubro 2015

A continuación se publica a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral que comezará o vindeiro luns, 27 de abril.

Os grupos admitidos foron convocados, mediante os enderezos de e-mail facilitados nas súas solicitudes, á xuntanza de adxudicación de horarios que terá lugar na tarde do venres 24 de abril ás 19.00 h na Sala O Túnel do Coliséum (acceso pola porta 12).
Share:

13 de abr. de 2015

Listaxe provisional de admitidos para a quenda abril-outubro 2015

A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral que comezará o 27 de abril.


Unha vez publicada a listaxe provisional, abrese un prazo de 5 días hábiles, desde a publicación, para que os interesados podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompretas, poderán achegar a documentación requerida nos rexistros municipais en horario de 08.00 a 14.00 h de luns a venres (agás o de Mesoiro, que abre ás 09.00 h), ou o sábado 18, de 09.00 a 13.00 h, nos rexistros de María Pita e Fórum Metropolitano. Esta documentación tamén se poderá entregar telematicamente a través da sede electrónica. O prazo rematará, en ambos os casos, o sábado 18 ás 13.00 h.

Os grupos que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, e non aparezan aptos nesta listaxe, poderán porse en contacto cos Locais de Ensaio da Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos estarán convocados á xuntanza de adxudicación de horarios . Nela, como é costume, iranse repartindo todos os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no noso regulamento interno, precisando un representante de cada grupo (no caso de non respostar no momento en que lle toque, ese grupo irá por orde para a listaxe de agarda).
Share:

10 de abr. de 2015

Animación IV Coruña42


O vindeiro día 19 tocará madrugar para desfrutar do ambiente que se crea co Maratón Atlántica Coruña42. Desde os Locais de Ensaio, e como en anteriores edicións, apoiamos o evento con 6 grupos usuarios que quixeron formar parte da festa, e mostrar (tanto a corredores como á cidadanía) do que son capaces. Habilitaranse 2 escenarios para estes grupos: Casa Sol, con vistas á praia do Orzán, e en Ramón y Cajal (a uns 20 metros da entrada do Centro Comercial de Catro Camiños).

Presentamosvos aos grupos:

The Sonic Headlight: Banda de Rock Alternativo con temas propios en inglés, e influenciados por bandas desde Muse ou Radiohead até Artic Monkeys ou Black Keys.

The Sonic Headlight tocarán ás 08.30 h. no escenario de Catro Camiños

Say My Name: Grupo de Pop inglés, que formaron parte na final do Noroeste Pop-Rock 2014, e foron seleccionados para o circuito Coruña Sonora. Actualmente, se atopan finalizando o seu segundo EP.

Say My Name tocarán ás 09.30 h. no escenario de Catro Camiños

Us in the Mirror: Cada membro é unha liña do pentagrama sobre o que escriben a súa música, para buscar un estilo único e coa forte intención de transmitir todo no que cren.

Us in the Mirror tocarán ás 09.10 h. no escenario de Casa Sol

Avézar: Grupo de Rock/Metal formado entre amigos nos Locais de Ensaio do barrio de Monte Alto

Avézar tocarán ás 10.10 h. no escenario de Casa Sol

Almakoa: Grupo creado a partires de amigos desde a infancia. As súas raíces xurden a partires das quedadas na praia onde a inspiración viña soa tras sesións de surf.

Almakoa tocarán ás 11.10 h. no escenario de Casa Sol

Beards & Beers: Grupos de Rock & Roll do malo (según eles!!) buscando facerse un oco no panorama.

Beards & Beers tocarán ás 12.10 h. no escenario de Casa Sol

Poderedes apoiar a todos estes grupos, tanto asistindo aos seus concertos, como por twitter co hashtag #AnimaciónCoruna42locaisdensaio (un chío por día) desde o domingo 19 ás 08.00 h até o domingo 26 ás 23.59 h. O premio da animación está en xogo :)
Share:

1 de abr. de 2015

Novo periodo de inscrición para a quenda semestral abril-outubro 2015


Abrese o periodo de inscrición para optar a ensaiar nos Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude durante o vindeiro semestre. O xeito de se inscribir modificase, poidendo entregar toda a documentación requerida, ben nos rexistros xerais (Palacio Municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Cidade Deportiva de Riazor e o Centro Cívico de Mesoiro*) en horario de 08.00 a 14.00 h., ben telematicamente desde a sede electrónica do Concello. As inscricións deberán constar de:

- Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
- Voante de empadroamento, ou resgardo de matrícula do centro educativo, de, cando menos, a metade dos/as compoñentes do grupo.
- Fotocopia do DNI de cada membro do grupo.

No caso de que as persoas solicitantes sexan menores de idade:
- Fotocopia do DNI da persoa que firme o permiso paterno/materno, ou do titor ou da titora.

Lembramosvos os requisitos para acceder aos ensaios:

- Cando menos, a metade do grupo ten que ser menor de 30 anos.
- Cando menos, a metade do grupo debe certificar vivir na Coruña, ou cursar estudos nun centro educativo do Concello.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de abril.

Os únicos grupos exentos de presentar a solicitude son os grupos que actualmente conforman a listaxe de agarda, ao presentala para ensaiar na quenda que agora remata, e non atopar opcións de ensaio validas para o grupo durante este tempo.

Os novos horarios darán comezo o 27 de abril. O día 13 de abril emitirase unha listaxe provisional de admitidos, convocando a eses grupos (mediante os enderezos de e-mail facilitados na solicitude) á xuntanza de adxudicación dos novos horarios.

Bases da convocatoria de solicitude de uso dos Locais de Ensaio.

* O horario do rexistro municipal de Mesoiro é de 09.00 a 14.00 h.
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive