Gran noite a do venres, onde máis de 250 persoas se achegaron á Sala O Túnel para arroupar aos 7 novos proxectos musicais participantes. Foi unha das edicións máis especiais, onde ademais de desfrutar da música e gañas que se lle puxeron enriba do escenario, conseguironse encher 8 caixas cheas de material escolar que van directamente para a ONG Equus Zebra e o seu proxecto "Agra Integra".
Fripp & Kitte mostraron a calidade das súas voces
Quetzal Riders encenderon a Sala O Túnel como adianto do seu inminente primeiro EP
Reminders seguen a completarse como grupo, desta vez estreaban baterista
Sala 5 demostraron que son un grupo distinto, e que chega para quedarse
Last Night Promise comezaron a súa andanza musical pisando moi forte
Breathing Loud son un clásico nestes festivais... e encantanos o bo roio que transmiten!!
Smog despediron esta edición coa adrenalina a tope, e ganas de máis
Queremos agradecer a boa acollida do evento, e o apoio tanto á causa solidaria como aos grupos por parte do público. Xa queda menos para a seguinte edición!!
Cumprimos dez edicións do noso festival solidario, Coruña En Directo, na Sala O Túnel do Coliséum o vindeiro venres 30, xunto a 7 propostas musicais que defenderán co seu directo o traballo realizado nos ensaios dos últimos meses. Serán 3 os grupos que debuten nesta edición: Last Night Promise, Sala 5, e Smog. Ademais, contamos con 2 formacións que formaron parte da última edición do Festival Noroeste Estrella Galicia, Fripp & Kitte e Reminders, xunto ao grupo con máis participacións neste formato de Festival Solidario, Breathing Loud, e os gañadores nas votacións do público da IX edición, Quetzal Riders.
O evento será a favor da labor educativa que a ONG Equus Zebra leva asumindo desde fai anos con xente en risco de exclusión social, polo que pedimos que no acceso se doen artigos de material escolar (cadernos, carpetas, estuches, bolígrafos, gomas, mochilas, ...) no acceso á sala de concertos.
Podes seguir as novidades do festival nas nosas redes sociais (Facebook e Twitter), e co Hashtag #EnDirectoX
As invitacións estarán dispoñibeis (a partires do luns 26) no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios Locais de Ensaio e, o día do concerto, no acceso á Sala O Túnel desde o intre no que abramos as portas (19.30 h).
Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, deberedes presentar o formulario de inscrición, xunto á documentación requerida, ben nun dos Rexistros Municipais (Pazo de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Cidade Deportiva de Riazor, ou Centro Cívico de Novo Mesoiro*) de luns a venres** en horario de 08.00 a 14.00 h, ou ben de xeito telemático mediante a Sede Electrónica. As inscricións deberán adxuntar:
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de Empadroamento no Concello da Coruña, con data de 2016, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2016/17 de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso
Como atoparás nas bases de convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:
- Que, alo menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alo menos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade
O periodo de inscrición comprende desde o venres 16, até o venres 30 de setembro ás 14.00 h CET. As solicitudes recibidas logo dese intre tramitaranse unha vez comezada a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción das solicitudes.
Os novos horarios darán comezo o luns 24 de outubro. A listaxe provisional publicarase o 5 de outubro, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o venres 14 de outubro ás 14.00 CET. O xoves 20 presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (alo menos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de adxudicación de horarios.
* O horario do Centro Cívico de Novo Mesoiro é de 09.00 a 13.00 h.
** Os rexistros de María Pita, e máis do Fórum Metropolitano, permiten entregar a documentación, tamén, os sábados en horario de 09.00 a 13.00 h.
A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 25 de abril.
Unha vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais, desde a publicación, para que os interesados podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán achegar a documentación requerida nos rexistros municipais en horario de 08.00 a 14.00 h (agás no de Novo Mesoiro, que abre ás 09.00 h), ou o sábado 9, de 09.00 a 13.00 h, nos rexistros de María Pita e do Fórum Metropolitano. Esta documentación tamén se poderá entregar de xeito telemático a través da sede electrónica. O prazo rematará, en ambos os casos, o venres 15, ás 14.00 h CET.
De existir algún grupo que, tendo presentado a súa solicitude en prazo, non aparezan aptos nesta listaxe, poderán porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com
Todos os grupos que finalmente resulten aptos estarán convocados á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo todos os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no noso regulamento interno, precisando un representante de cada grupo (no caso de non respostar no momento en que lle toque, ese grupo irá por orde para a listaxe de agarda).
Logo da boa acollida do anterior obradoiro "como conseguir concertos", seguimos a propor accións formativas que vos sirvan para afianzar o voso proxecto musical, tendo consciencia de como funciona este mundiño, o da música, tan característico. E para o seguinte obradoiro, contamos con Patricia Hermida, manager en Dotbeat, onde traballa actualmente con artistas do nivel de Agoraphobia, Heredeiros da Crus, Rosa Cedrón, ou Susana Seivane, entre outros. Como experta no campo, fará unha radiografía sobre os distintos axentes que se dan no eido profesional da música, dividindo as 4 horas de duración do relatorio en 3 bloques:
1.- A cadea de valor: cambios nos roles dos axentes (definición dos axentes existentes: discográfica, editorial, produtor, manager, distribuidora, booker, sociedades de xestión colectiva, social media, ...)
2.- Vías de financiamento e de ingresos
3.- O plan de carreira do artista
O evento terá lugar o sábado 2 de abril, ás 10.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/ Matadoiro, 68). Para asistir, só debes cubrir e enviar o formulario de inscrición que atoparás á dereita deste texto, antes do venres 1 de abril ás 16.00 h. As prazas son limitadas ao aforo dispoñíbel, tendo preferencia (por orde de inscrición) os/as usuarios/as actuais dos Locais, e despois os menores de 30 anos, aínda que pode solicitar asistencia toda a cidadanía.
É o momento de optar a unha das 48 prazas de ensaios que temos dispoñibles para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, deberedes presentar o formulario de inscrición, xunto á documentación requerida, ben nos Rexistros Municipais (Pazo de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Cidade Deportiva de Riazor ou Centro Cívico de Novo Mesoiro*) de luns a venres** en horario de 08.00 a 14.00 h, ou ben de xeito telemático mediante a sede electrónica do Concello. As inscricións deben adxuntar:
- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de empadroamento no Concello da Coruña, con data de 2016, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade correspondente ao curso 2015/16, de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai ou responsable legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola dotocopia do DNI da persoa que dá o permiso
Como se pode atopar nas bases da convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:
- Que, alo menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alo menos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben cursas estudos no presente curso nun centro educativo da cidade
O periodo de inscrición comprenderá desde o xoves 17 de marzo, até o venres 1 de abril ás 14.00 h CET. As solicitudes recibidas logo dese intre tramitaranse unha vez comezada a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción das solicitudes.
Os novos horarios darán comezo o 25 de abril. O 6 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación da documentación requerida que rematará o venres 15 de abril ás 14.00 h CET. O mércores 20 de abril presentarase a listaxe definitiva de admitidos, e convocarase a un representante de cada un deses grupos para a xuntanza de adxudicación de horarios.
*O horario do Centro Cívico de Novo Mesoiro é de 09.00 a 14.00 h.
** Os rexistros de María Pita, e máis do Fórum Metropolitano, permiten entregar a documentación, ademais, os sábados en horario de 09.00 a 13.00 h.
Montas un grupo, comezas a ensaiar, (se cadra) vas a clases, comezas a compoñer, a dar algún concerto... e agora que?? Desde os Locais de Ensaio, imos propoñer dúas accións formativas nas vindeiras datas para comprender mellor o mundiño da música hoxe en día, e como sacarlle o maior rendemento ao teu proxecto musical.
A primeira será o sábado 12, ás 11.00 h, no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/ Matadoiro, 68). Tomi Legido (programador da Sala Mardi Gras) voltará a explicarnos, logo do exitoso obradoiro de fai 2 anos, Como conseguir concertos. Trataranse temas como:
- A importancia na definición e obxectivos da banda
- Relación cos seguidores da banda
- Relación co "mercado musical"
- Optimización dos custos do proxecto
- Erros que non se poden cometer, se queredes que vos tomen en serio
Para asistir, só debes enviar o formulario de inscrición aos obradoiros que atoparás á dereita deste texto, antes do venres 11 ás 16.00 h. As prazas son limitadas ao aforo dispoñíbel, tendo preferencia (por orde de inscrición) os/as usuarios/as actuais dos Locais, e despois os menores de 30 anos, aínda que pode solicitar asistencia toda a cidadanía.