10 de mar. de 2023

Festival En Directo 2023

 


Reformúlase o Festival En Directo co fin de dar a coñecer novas propostas musicais da cidade. O venres 17, a partires das 20.00 h, poderase desfrutar dos concertos, en formato showcase, de seis proxectos musicais desenvolvidos dentro dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Desfrutarase dunha grande variedade musical esa noite, entre o pop-rock de Revel Velvet e Roda Door, o metal alternativo de Leftlovers, e os diversos sub-xeneros do Rock que presentarán Black Crab, Crimson And Clover e Os Presuntos.

O evento terá lugar na Sala O Túnel do Coliseum da Coruña. Para acceder como público, poderanse descargar de balde as entradas a través da web coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.

Share:

19 de out. de 2022

Listaxe definitivo de grupo admitidos

A Continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 24 de outubro.

Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición en marzo, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.


Share:

5 de out. de 2022

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 24 de outubro:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail: xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios todavía non asignados.

Share:

19 de set. de 2022

Sube o nivel! | Aberto novo prazo de inscrición

Desde este luns, 19 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas de ensaio semanal gratuito.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2022), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2022/23 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso


O prazo ordinario de inscrición rematará o 2 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 24 de outubro. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate o proceso ordinario.

Os grupos que o desexen terán a posibilidade de subir o nivel do seu proxecto musical, podendo gravar as súas composición no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar táboas enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisan con titorías específicas para cada proxecto.

Durante o semestre que está a piques de rematar, déuselle a oportunidade a todos os grupos residentes nos Locais de Ensaio de participar nos Directos No Castelo, un evento realizado no Castelo de San Antón a mediados de xullo, e do que podes ver un breve resumo facendo click aquí.



Share:

9 de xul. de 2022

Directos No Castelo

 

Nace un novo formato de festival na cidade da Coruña, os Directos No Castelo. O vindeiro xoves, 14 de xullo, a partires das 21.30 h, poderase desfrutar dos concertos, en formato showcase, de catro proxectos musicais que creceron dentro dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. O dúo Planeta Fugaz porá a disposición do evento as súas discorrentes letras, Final Act o seu Indie-Rock ecléctico, e tanto Os Presuntos como Black Crab darán a coñecer o seu Rock.

O evento terá lugar no Castelo de San Antón, que se confirma como unha das localizacións máis especiais para escoitar música na cidade. Para acceder como público, poderanse descargar de balde as entradas a través da web coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.

No caso de previsión de choiva, un recinto alternativo será desvelado neste blogue e nas redes sociais dos Locais de Ensaio (@locaisdensaio en Twitter e Instagram, @locaisdensaio.coruna en Facebook).


Share:

20 de abr. de 2022

Listaxe definitivo de grupos admitidos

A continuación publícase o listaxe definitivo na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 25 de abril:



Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.

As solicitude enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición, e até a apertura do novo proceso de inscrición de setembro, serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.

Share:

6 de abr. de 2022

Listaxe provisional de grupos admitidos

 A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 25 de abril:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.gal.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical inscrito. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, confirmarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por de solicitude os horarios todavía non asignados.

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive