Hoxe tivemos unha mañá moi produtiva nos locais. Á parte dos grupos que quedaron traballando na súa música nas salas de ensaio, un nutrido grupo de guitarristas (e algún que non é guitarrista tamén!) marchamos até a sala O Túnel e, ben guiados por Rubén Barros, aprendemos cousas importantes sobre as diferentes ferramentas que hai á disposición de este marabilloso instrumento para acadar un son preciso e persoal.
27 de nov. de 2010
Masterclass de Rubén Barros
Locaisdensaio16:46A Coruña, concellaría de mocidade, guitarra, locaisdensaio, Rubén Barros, Sala O Túnel
Ningún comentario
Hoxe tivemos unha mañá moi produtiva nos locais. Á parte dos grupos que quedaron traballando na súa música nas salas de ensaio, un nutrido grupo de guitarristas (e algún que non é guitarrista tamén!) marchamos até a sala O Túnel e, ben guiados por Rubén Barros, aprendemos cousas importantes sobre as diferentes ferramentas que hai á disposición de este marabilloso instrumento para acadar un son preciso e persoal.
24 de nov. de 2010
Temario da Masterclass de guitarra eléctrica
Facilitámosvos o contido da masterclass que este sábado dará Rubén Barros:
Prólogo - Pequenas nocións de acústica
. ¿Qué é a Frecuencia? (definición de nota musical)
. Umbral de audición
. ¿Qué é o estéreo? (direccionalidade)
. ¿Qué é o timbre? (espectro armónico)
I - Tipos de guitarra: Acústica/clásica. Electroacústica. Eléctrica
. ¿Cómo soa unha guitarra?
. Micro vs Piezo vs Pastilla
II - Tipos de amplificación
. Amplificación xeral
. Amplificación guitarra eléctrica
. Emuladores
III - Partes do amplificador de guitarra
. Preamplificador (Distorsión e EQ)
. Etapa de potencia (Watios e Decibelios)
. Altofalante (Ohmnios e pulgadas)
. ¿Válvulas ou Transistores?
IV - Efectos
. Dinámicos: Compresor, Porta de ruido, Pedal de Volume, Trémolo
. Modulación: Chorus, Flanger, Wah, Phaser
. Repeticion: Delay, Reverb, Loop
. True bypass
. Analóxico vs Dixital
V - Conceptos prácticos
. Volumen e dinámicas nun grupo
. Ecualización nun grupo vs só
. Cómo tocar con/sen efectos
. A importancia dos “arranxos”
. Acústica de salas/locais de ensaio (sonorización)
. PA e monitoraxe
VI - Dudas e Preguntas/Debate
Recordade que será este sábado ás 11.00h na sala O Túnel do Coliséum, e que podedes facer a inscrición desde aquí.
19 de nov. de 2010
Masterclass guitarra eléctrica
Locaisdensaio20:38A Coruña, concellaría de mocidade, guitarra, locaisdensaio, obradoiros, Rubén Barros, Sala O Túnel
Ningún comentario
Xa podedes inscribirvos na masterclass de guitarra eléctrica do día 27. Será ás 11.00h na sala O Túnel, e podedes formalizar a vosa inscrición desde aquí.
Será impartida por Rubén Barros, quen actualmente forma parte de Miki Nervio & the bluesmakers ( mikinervio.com ), Banda Potemkin ( myspace.com/bandapotemkin ) e Rúa Cega ( myspace.com/ruacega ) e colaborou en proxectos coa Big band do conservatorio de A Coruña, a Orquesta sinfónica de Galiza, con grupos como Meninhos da Rúa, The Forest Trío, ou músicos do nivel de Quique Alvarado, Miguel Queixas ou Luís Moro.
Coma sempre, é de balde e teñen preferencia os usuarios dos locais. Aforo limitado, así que apurádevos a cubrirdes a inscrición!!!
30 de out. de 2010
Obradoiro de loxística
Hoxe pola mañá tivo lugar, na sala O Túnel do Coliséum, o primeiro obradoiro dos locais de ensaio.
É de agradecer que entre os/as asistentes houbese tanta inquedanza pola temática, xa que isto favoreceu o desenvolvemento do obradoiro ao longo das case dúas horas e media que durou, ademais de facelo bastante máis dinámico.
O próximo evento será o 27 de novembro: Masterclass de guitarra eléctrica. Seguide atentos e atentas ao blogue porque nos vindeiros días publicaremos máis información sobre este novo obradoiro e abriremos o prazo de inscrición.
18 de out. de 2010
Como funciona unha banda?
Locaisdensaio18:54A Coruña, concellaría de mocidade, formación, locaisdensaio, obradoiros
Ningún comentario
Este obradoiro ten como finalidade ilustrar as bandas sobre a importancia dunha loxística de grupo.
Trataranse temas como:
- definición do concepto de grupo.
- programación dos ensaios.
- metas a curto-medio-longo prazo.
- publicidade: cartaces, fotos, creación dun logo, redes sociais, páxinas web, medios de comunicación, ...
- creación dun dossier.
- achegamento a salas de concertos, productoras e concellos
- consellos á hora de mercar equipos.
- creación dun rider técnico.
- importancia do persoal auxiliar dunha banda.
- etc.
Podédesvos inscribir neste enlace (mandar o arquivo, pdf ou xml, a locaisdensaio@gmail.com) ou na sala de control cando veñades ensaiar. As prazas son limitadas (os/as usuarios/as dos locais teñen preferencia).
Recordámosvos que o obradoiro será o sábado 30, ás 11.00h, na sala O Túnel.
16 de out. de 2010
Wi-Fi
logo Wi-Fi propiedade de Wi-Fi alliance
Desde hoxe, os locais están equipados cunha rede Wi-Fi que da cobertura ás salas de ensaio.
Só tedes que vos achegar á sala de control e preguntar polo contrasinal e, coa axuda dun portátil ou dun teléfono móbil (que vos permitan accederdes á rede) poderedes facer as buscas oportunas para sacarlle o máximo rendemento ao voso tempo de ensaio.
13 de out. de 2010
OBRADOIROS!!!
Esta é a oferta formativa dos locais para este semestre.
A idea é que haxa un obradoiro cada último sábado do mes. Comezarán ás 11.00h, durarán aproximadamente unhas 2 horas, e terán lugar na Sala O Túnel (situada no Coliséum, anexa aos locais).
En pouco tempo subiremos unha información máis detallada do primeiro obradoiro: "cómo funciona unha banda?", así coma o formulario para se inscribir (ollo!!: as prazas son limitadas e daráselle prioridade aos usuarios dos locais).
Listaxe de obradoiros:
30 de outubro: Como funciona unha banda? Cuestións fundamentais para dinamizar e xestionar o teu proxecto musical.
27 de novembro: Masterclass de guitarra eléctrica.
28 de decembro: Como facer soar unha banda? Aprende a utilizar as ferramentas que permiten gravar e amplificar ao teu grupo.
29 de xaneiro: Masterclass de batería.
26 de febreiro: Como compor unha canción? Obradoiro de composición musical.








