19 de dec. de 2012

Xa temos as invitacións!!

 
Acabamos de recibir os convites que, xunto aos 3 Kg de comida requeridos (legumes, pastas e conservas que serán recollidos na entrada ao recinto) a favor do Banco de Alimentos, daranvos acceso o venres á Sala O Túnel (apertura de portas 18.00 h).

As invitacións poderanse recoller no CMIX do Fórum Metropolitano en horario de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e nos propios Locais de Ensaio de 16.00 a 22.00 h., podendo retirar un máximo de 3 por persoa.
Share:

18 de dec. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Tremebundos no Ágora


18 persoas ateigaron hoxe á tarde a sala 3 dos Locais de Ensaio para asistir ao Clinic de Cubase 7 impartido coa colaboración de Steinberg e PluginAudio  (moitas grazas, Pedro e Jorge polas vosas explicacións). Poidemos admirar todas as novas ferramentas, que axudan á composición de novas cancións (ainda que non se teñan nocións de linguaxe musical), fan máis intuita a mestura e facilitan a elaboración de remixes, entre outras moitísimas cousas (as case 3 horas e media que durou o evento fixéronse curtas!!).

E cambiando de tema, hoxe á mañá o grupo Tremebundos, quenes abrirán o III Festival En Directo deste venres, participaron no programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña - Cadena Ser. Tocaron 2 temas propios en formato acústico e recibiron unha breve entrevista.




Share:

13 de dec. de 2012

III Festival En Directo!!


Hoxe presentouse na Sala O Túnel o III Festival En Directo. Terá lugar o 21 de decembro e contará con 13 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio. No evento, que terá unha duración cercana ás 7 horas, haberá música para todos os gustos: Pop-Rock, Funk, Rock acústico, R&B, Rock alternativo, Blues, Hard-Rock ou Metal.

Para acceder, haberá que retirar a invitación (máximo 3 por persoa) no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, ou nos Locais de Ensaio. Avisarase polas redes sociais cando estean dispoñibeis. Ademais, o día do concerto, cada persoa deberá achegar 3 kg de legumes, pastas ou conservas que irán directamente a beneficio do Banco de Alimentos.

Ademais do festival, na presentación aos medios de comunicación, Francisco J. Mourelo (Delegado de Educación, Deportes e Xuventude do Concello), introduciu a nova campaña de visibilización dos Locais de Ensaio que ten por obxectivo que a xuventude da cidade coñeza as nosas actividades.




Share:

27 de nov. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Clinic



O martes 18 despedimos as actividades formativas para este 2012 da man de PluginAudio, quenes farán a presentación da nova versión da que, para moitos, é a DAW máis potente do mercado, Cubase 7.

Falarase das novidades que se poderán atopar nesta nova versión, rematando o evento cun Clinic de 2 horas sobre como abordar este tipo de software e as súas posibilidades para músicos, produtores e técnicos de son.

Para poder participar no evento, só deberedes seguir os pasos que atoparedes aquí e agardar a vosa confirmación de asistencia.
Share:

24 de ago. de 2012

Prazo de inscricións para a nova quenda

Este luns, 27 de agosto, ábrese o prazo para presentar toda a documentación requirida e optar a participar na quenda de outubro 2012-marzo 2013 dos locais de ensaio:
- Solicitude debidamente cuberta.
- Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo.
- Certificado de empadroamento de 2012 ou matrícula escolar do curso 2012/2013 de, cando menos, a metade do grupo.
- Permiso paterno/materno/do titor ou titora legal de todas as persoas menores de idade e fotocopia do DNI do maior de idade que firma o permiso.

Os modelos de solicitude e permiso a menores atoparédelos neste mesmo blogue, ao igual que o regulamento a seguir.
Os únicos grupos exentos de facer esta solicitude son os que nestes intres compoñen a listaxe de agarda.

Tedes até o venres 21 de setembro para achegardes toda a documentación requirida ao Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano: rúa Río Monelos, 1). As solicitudes recibidas a partires do 22 de setembro pasarán á listaxe de agarda dos locais de ensaio, notificando aos grupos integrantes as prazas libres para ensaiar, de habelas, por orde de entrega da solicitude. A nova quenda dará comezo o luns 1 de outubro.

Horario CMIX: Luns a venres de 10.00 a 14.00 h (durante agosto) e ademais de 17.00 a 20.00 h a partires de setembro.
Calquer dúbida, podedes remitila a locaisdensaio@gmail.com.
Share:

13 de xul. de 2012

Volume 2


Xa tedes á vosa disposición o ansiado "Volume 2" con temas gravados no estudio dos locais de ensaio por grupos usuarios das instalacións.

Como xa se comentou en rolda de prensa o pasado 6 de xullo, consta de 10 temas que percorren un amplo abano de estilos, desde o Folk de Os da Troula até o Pagan-Metal de Fouce, pasando por sons máis achegados ao Blues (Akupuntura), o Rock de Carretera Comarcal e Crossroad, o Metal de Avézar, Warning!, Tolemia e Shinnen, ou a proposta máis acústica a cargo de Almakoa.

A edición consta de 1000 Cd´s a retirar de balde nos propios Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude, e nas vindeiras datas no CMIX do Fórum Metropolitano e máis na rede de Bibliotecas Municipais.

Share:

10 de xul. de 2012

Resumo do METALCAMP 2012

Logo das 23 horas de actividades musicais dentro do Coliséum que significou o METALCAMP 2012, deixámosvos un breve esbozo do que foi (para aqueles que non poidéchedes asistir) e de recordo (aos que sí estivéchedes e desfrutástedes do evento).

José Rubio deu unha MASTERCLASS (sí, en maiúsculas!) parándose en cada detalle técnico nas 3,5 horas que duraron as súas explicacións.

Logo das explicacións de Dani Pereira e Rafael Orge DJ ,o clinic rematou cunha Jam Session.

Jorge Pérez explicou en 2 sesións diversos conceptos técnicos que o músico medio soe descoñecer.

Da gusto cando un músico toca e se explica tan ben como Miguel Queixas.

Ademais, poidose xogar ao guitar/DJ Hero, usarse a sala de Jam Sessions e asistir ao obradoiro de Luthier dirixido por Toxo. Como prato final, o festival solidario En Directo xuntou a preto de 300 persoas na Sala O Túnel do Coliséum, con recadación a favor de Médicos Sin Fronteras.

Ruthless Deed foron os encargados de comezar. Descarga de Metal con toques de poesía.

Brewed mostraron, no seu concerto-presentación o Metal adrenalínico que levan dentro.


Rockers in Black moveron á xente co seu Hard Rock clásico.


After All deron todo un show!.


Os Man City Blue deixaron o escenario como se pasara un tornado.


They´re Random Persé!


E a proposta máis tranquila da noite, a cargo de Almakoa, fixo que a xente marchara cun bo sabor de boca.


Desde a organización, agradecer a todos os asistentes o recadado para Médicos Sin Fronteras, aos grupos pola súa actitude (e aptitude) enriba do escenario, e a The Drum House, Yamaha, Adagio, P&G sound-store e Plugin Audio o apoio e entrega na realización do METALCAMP.
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive