Hoxe luns 31 de xaneiro ábrese o prazo para presentar toda a documentación requirida para poder optar a participar na quenda de marzo-agosto dos locais:
- Solicitude debidamente cuberta.
- Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo.
- Certificado de empadroamento de 2011 ou matrícula escolar do curso 2010/2011 de, cando menos, a metade do grupo.
- Permiso paterno/materno/do titor ou titora legal de todas as persoas menores de idade.
Os modelos de solicitude e permiso a menores atoparédelos aquí, ao igual que o regulamento a seguir.
Os únicos grupos exentos de facer esta solicitude son os que nestes intres compoñen a listaxe de agarda.
Tedes até o luns 14 de febreiro para achegardes toda a documentación requirida ao Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano: rúa Río Monelos, 1).
Horario CMIX: Luns a venres de 10.00 h a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h. Sábado de 11.00 h a 14.00 h.
0 comentarios:
Publicar un comentario