Hoxe pola mañá contamos coa visita de Carmen Rey para falarnos de respiración, articulación, impostación, e demáis apartados da educación vocal.
Os asistentes, que literalmente enchían o escenario da Sala O Túnel, desfrutaron do xeito participativo co que Carmen impartiu a clase, que fixo que todos puideran achegarse ao micro e recibir unha serie de consellos para mellorar as súas técnicas de canto.
O vindeiro mes adiantaremos para o día 21 o obradoiro, que tratará o curioso mundo do scratching.
fotos: Raúl G. Doldán
0 comentarios:
Publicar un comentario