19 de dec. de 2012

Xa temos as invitacións!!

  Acabamos de recibir os convites que, xunto aos 3 Kg de comida requeridos (legumes, pastas e conservas que serán recollidos na entrada ao recinto) a favor do Banco de Alimentos, daranvos acceso o venres á Sala O Túnel (apertura de portas 18.00 h). As invitacións poderanse...
Share:

18 de dec. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Tremebundos no Ágora

18 persoas ateigaron hoxe á tarde a sala 3 dos Locais de Ensaio para asistir ao Clinic de Cubase 7 impartido coa colaboración de Steinberg e PluginAudio  (moitas grazas, Pedro e Jorge polas vosas explicacións). Poidemos admirar todas as novas ferramentas, que axudan...
Share:

13 de dec. de 2012

III Festival En Directo!!

Hoxe presentouse na Sala O Túnel o III Festival En Directo. Terá lugar o 21 de decembro e contará con 13 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio. No evento, que terá unha duración cercana ás 7 horas, haberá música para todos os gustos: Pop-Rock, Funk, Rock acústico, R&B,...
Share:

27 de nov. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Clinic

O martes 18 despedimos as actividades formativas para este 2012 da man de PluginAudio, quenes farán a presentación da nova versión da que, para moitos, é a DAW máis potente do mercado, Cubase 7. Falarase das novidades que se poderán atopar nesta nova versión, rematando...
Share:

24 de ago. de 2012

Prazo de inscricións para a nova quenda

Este luns, 27 de agosto, ábrese o prazo para presentar toda a documentación requirida e optar a participar na quenda de outubro 2012-marzo 2013 dos locais de ensaio: - Solicitude debidamente cuberta. - Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo....
Share:

13 de xul. de 2012

Volume 2

Xa tedes á vosa disposición o ansiado "Volume 2" con temas gravados no estudio dos locais de ensaio por grupos usuarios das instalacións. Como xa se comentou en rolda de prensa o pasado 6 de xullo, consta de 10 temas que percorren un amplo abano de estilos, desde o Folk...
Share:

10 de xul. de 2012

Resumo do METALCAMP 2012

Logo das 23 horas de actividades musicais dentro do Coliséum que significou o METALCAMP 2012, deixámosvos un breve esbozo do que foi (para aqueles que non poidéchedes asistir) e de recordo (aos que sí estivéchedes e desfrutástedes do evento). José Rubio deu unha MASTERCLASS...
Share:

4 de xul. de 2012

Horarios METALCAMP 2012

A continuación detallamos un pouco máis as actividades dentro do METALCAMP. VENRES 16.30 h - Clinic de batería a cargo de Dani Pereira onde ilustrará aos asistentes diversas nocións rítmicas e diferencias entre baterías feitas con distintas madeiras. Dani conta,...
Share:

29 de xuño de 2012

METALCAMP 2012

QUE É O METALCAMP? Os Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude do Concello da Coruña presentan o evento METALCAMP 2012. Trátase dunha convivencia de músicos (con preferencia aos que teñan idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos) que terá lugar no Coliséum os...
Share:

16 de abr. de 2012

Un domingo calquera...

Onte era un día especial na Coruña. Con ambiente de derby, os que quedaron na cidade poideron desfrutar (e incluso participar) da primeira marathon oficial por este recuncho da peninsula. E 4 dos grupos usuarios dos locais (Shinnen, Warning!, Man City Blue e After All)...
Share:

13 de abr. de 2012

Marathon A Coruña 42

Este domingo terá lugar a marathon A Coruña42. Entre as moitas animacións que acompañarán o percorrido, teremos 2 escenarios con grupos dos locais de ensaio; un estará situado na Mariña, anexo ao Teatro Colón, mentres que o outro escenario situarase na rúa do Matadoiro, nas...
Share:

13 de feb. de 2012

Abrese o prazo de inscricións para a nova quenda semestral

Hoxe abriuse o prazo para presentar toda a documentación requirida para poder optar a participar na quenda de setembro-marzo 2012 dos locais de ensaio:- Solicitude debidamente cuberta. - Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo. - Certificado de empadroamento...
Share:

20 de xan. de 2012

Obradoiro de mantemento e customización de guitarras (e baixos!!)

Desta vez, a oferta formativa dos locais de ensaio tratará sobre os coidados básicos adicados aos vosos instrumentos. Contaremos coa colaboración do recoñecido luthier Toxo, quen ademais de facervos unhas demostracións in situ coa ferramenta propia do seu gremio, mostrarvos...
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)