29 de xuño de 2012

METALCAMP 2012



QUE É O METALCAMP?

Os Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude do Concello da Coruña presentan o evento METALCAMP 2012. Trátase dunha convivencia de músicos (con preferencia aos que teñan idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos) que terá lugar no Coliséum os días 6 e 7 de xullo, e onde programaranse diversas actividades lúdico-formativas relacionadas coa música de tendencia Rock-Metal.
Serán 33 horas desde o comezo até a fin onde, aqueles que así o desexen, poderán desfrutar de todas as actividades ininterrumpidamente, ao habilitar dentro do edificio zona de acampada, comedor e zona de duchas.

QUE ACTIVIDADES PODO FACER?
  • Clinic de batería a cargo de Dani Pereira onde ilustrará aos asistentes diversas nocións rítmicas e diferencias entre baterías feitas con distintas madeiras. Cortesía de P&G soundstore, Ddrums e Adagio.

  • Masterclass de José Rubio O ex compoñente de Warcry (actualmente en José Rubio´s Nova Era) explicará a súa técnica de guitarra e dará consellos avalados pola súa experiencia nos escenarios de toda a península. Coa colaboración de Yamaha. http://www.joserubio.weboficial.com/


  • Obradoiro de DJing, impartida por Rafael Orge DJ, parándose en explicacións de arranxos de scratching e sampling. Cortesía de P&G soundstore, Native Instruments e Adagio.

  • Obradoiro de Luthier de guitarras a cargo de Toxo Luthier. Tras o éxito da anterior convocatoria, volvemos contar con Toxo e a súa experiencia para falar do coidado, posta a punto e customización do instrumento.

  • Jam Sessions: : Habilitaremos unha das salas de ensaio para que os/as campistas poidan tocar dun xeito distendido ao longo de todo o evento. Só será preciso traer baquetas e guitarras.

  • Zona 3x3. Como non todo vai ser música, o sábado pola mañá os asistentes poderán soltarse un pouco lanzando á canasta nos exteriores do Coliséum. Colabora a Concellaría de Deportes.

  • Obradoiros de informática musical con Jorge Pérez. Farase unha sesión para explicar software que se pode usar en directo, e outra de producción musical. Cortesía de PluginAudio, Native Instruments e Adagio.

  • Masterclass de Miguel Queixas: Explicación de cómo conseguir unha composición de percusión máis eficiente, ademais de outros consellos, e demostración das súas habilidades á batería do compoñente de Brothers in Band, Nova Galega de Danza, Banda Crebinsky, e moitos outros proxectos. Cortesía de The Drum House e Yamaha. http://www.miguelqueixas.com/

COMO PODO PARTICIPAR NO METALCAMP?
          Para asistir ao evento existen 3 xeitos distintos de entrada:
        • Abono de campamento, zona de duchas e pensión completa (2 ceas, 1 almorzo e máis unha comida), ademais da posibilidade de asistir a todas as actividades que forman o campamento. 50 €

        • Abono a todas as actividades que forman o campamento. 15€

        • Acceso ás masterclasses de José Rubio (venres 6, 18.00 h) e Miguel Queixas (sábado 7, 16.30 h)   2 € cada master class, as entradas adquírense na porta da Sala O Túnel desde media hora antes do evento.
        Aforo limitado en todas as actividades.
        A inscrición e o abono de cotas poderase realizar nos propios Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude (Coliséum da Coruña, Rúa Francisco Pérez Carballo nº2) en horario de 16.00 a 22.00 h desde o 2 de xullo, ou ben facendo un ingreso á conta 2080 5540 36 3040006366, adxuntando o xustificante de pago a locaisdensaio@gmail.com. En ambos os casos, para validar a inscrición, deberá facilitarse o impreso e máis a documentación requerida ( fotocopia do DNI do solicitante e, no caso de ser menor de idade, autorización paterna-materna-do titor e máis a fotocopia do DNI da persoa que a asina) no regulamento propio do evento que todos/as os/as interesados/as poderán atopar aquí.

        E AO FINAL DO METALCAMP..., QUE?

        O punto e final deste Metalcamp poñerao a segunda edición do FESTIVAL EN DIRECTO!!, unha nova proposta solidaria (coa recadación da entrada de 2 € destinada a unha ONG) a cargo dos grupos usuarios dos locais de ensaio. Nesta concerto, que terá lugar o sábado 7 de xullo ás 21.00 h na Sala O Túnel, grupos como After All, Almakoa, Man City Blue, Brewed, Random Persé, Ruthless deed ou Rockers in Black porán o broche ao evento.
        Share:

        0 comentarios:

        Publicar un comentario

        Incrición obradoiros ou masterclasses

        número de visitas

        Participación e Innovación Democrática

        Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

        Blog Archive