INSCRICIÓN

NOS LOCAIS:

Só tes que escribir un e-mail a xuventude@coruna.gal e adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta.
- Fotocopia do DNI de todos/as os/as integrantes do grupo.
- Certificado de empadroamento no Concello da Coruña con data 2023, ou ben, matrícula do presente curso nun centro educativo da cidade de, cando menos, 50% dos/as integrantes do grupo.


No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno, materno ou do titor ou titora, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persona que dá o permiso.

Regulamento do uso dos Locais de Ensaio.


NOS OBRADOIROS (E MASTERCLASSES):

Como inscribirse nas actividades formativas?

1.- Encher todos os campos do formulario que se atopa á dereita deste blogue.
2.- Facer click en "enviar".
3.- Un e-mail á conta facilitada informará sobre a situación da inscrición.

Calquer dúbida, ou sospeita de que o formulario non chegou ao seu destino, deberá remitirse a locaisdensaio@gmail.com

Estes obradoiros son de balde e as prazas son limitadas!! Terán prioridade para asistir os actuais usuarios e usuarias dos locais de ensaio, e despois os menores de 30, aínda que de non cubrir todas as prazas podería asistir calquer cidadán. Para a asistencia ao evento, deberá presentarse o DNI á hora de entrar.

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive