Unha por cada gramo de comida acadado no III Festival En Directo, e que o Banco de Alimentos xa se encargou de repartir entre as asociacións ás que acoden os que máis precisan. Acabanos de chegar a confirmación da pesaxe oficial, por iso demoramos tanto a crónica dun festival onde cada un dos 13 grupos participantes defenderon o seu directo diante do seu público.
Tremebundos tiñan a difícil labor de comezar o festival. A súa mestura de boa música con letras picantes e simpáticas sorprendeu aos que ainda non os coñecían.
Man City Blue demostraron a súa melloría dos últimos meses a quenes xa os coñecían, xogando no directo coa dinámica que lles da a cantidade de referencias das que beben.
Con The Ice Road chegou o Hard-Rock ao festival. Actitude, temas propios e moito traballo... son os ingredentes para que as cousas saian ben.
O Metalcore de Against The Utopian Dream montou os primeiros pogos na Sala O Túnel.
Ollo aos 16 anos de idade da maioría dos compoñentes do grupo.
Un dos momentazos da tarde-noite foi escoitar a todo o público cantando "Mama mamucha dame o bocata". Gran actividade dos talentosos Tolemia enriba do escenario.
Uns clásicos nestes festivais, Dharmak, ensinaron os seus novos temas. O esforzo e traballo que puxeron no escenario non se pagan con todos os aprausos do mundo!
O Funk-Rock Chili-Pepperiano de Jules & The Wolf tiuvo boa acollida.
Grupo a ter en conta, só levan 3 meses xuntos!
O show de After All nunca falta ao Festival En Directo.
A xente xa os coñece... e eles encantados!
Ingravity estrearon o seu novo nome, xunto con algunha canción de recente creación, demostrando as gañas que cada un dos integrantes pon para conseguir soar así.
A enerxía de Black Babylon cautivou a todos os presentes.
O xiro ao R&B de calidade de The Zipper foi das meirandes sorpresas da noite.
Semella que non hai Festival se non tocan Almakoa, que están a crear unha lexión de seguidores moi fiel.
Moonk deron o seu primeiro concerto, e foi impresionante ver á xente situada ao fronte do escenario con que concentración e devoción os arrouparon.
A esas 995318 grazas habería que sumar 60 máis, unha por cada músico participante no evento, pola paixón que lle poñen a cada ensaio para poder dar o mellor de sí nos concertos e gravacións.
Nos Locais de Ensaio estamos comezando este 2013 con forza. Seguide o blogue para coñecer o que estamos a argallar para os vindeiros meses.
0 comentarios:
Publicar un comentario