Remataremos a presente quenda semestral retomando as actividades formativas dos Locais de Ensaio con dous novos obradoiros:
- O 24 de marzo terá lugar o obradoiro de autoedición e autroprodución dixital, que tratará temas de gravación, produción e edición de audio, ademais de conceptos de linguaxe audiovisual e algunhas aplicacións. Tamén farase unha práctica de como facer streamings en directo. Como poñente, teremos a Pablo Barge, profesor de música máis coñecido polo seu traballo no grupo de Rock Chupadeskay.
- Para o sábado 1 de abril temos plantexada unha xornada onde acadar nocións de técnica vocal, co fin de previr lesións e mellorar as túas habilidades á hora de cantar ou facer coros co teu grupo. Será un evento eminentemente práctico, de 6 horas de duración dividido en dúas sesións de 3 horas. As explicacións correrán a cargo de Pablo Ferradás, coach de voz e terapeuta vocal.
Ambos obradoiros realizaranse no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/ Matadoiro, 68). Para asistir, só debes cubrir o formulario que atoparás á dereita deste texto, tendo como prazo de inscrición até o día anterior de cada evento, ás 21.00 h. As prazas son limitadas, tendo preferencia os/as actuais usuarios/as dos Locais, e despois os/as menores de 30 anos, aínda que pode solicitar asistencia toda a cidadanía.

0 comentarios:
Publicar un comentario