9 grupos residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña apoiarán coa súa música a 16ª edición do Festival Solidario Coruña En Directo. O Indie-Pop de Planeta Fugaz, Peripatéticos e The Wonderminds, o Rock de Beards & Beers, Crimson And Clover, WetSocks e Lurch, e o Punk de Saint Crown e Nordés encherán de música a Sala O Túnel do Coliseum no serán do venres 8. Serán 5 horas de música nas que descubrir novas propostas musicais feitas pola mocidade coruñesa, apoiando a labor humanitaria da O.N.G. AIRE, asociación de profesionais médico-sanitarios e de emerxencias especializados en crises humanitarias. Para asistir ao evento, o público apoia a súa labor adquirindo 2 caixas de "tiriñas máxicas para feridas reais" directamente ao persoal voluntario da asociación.
Este evento trata tamén de apoiar os primeiros pasos deste tipo de grupos. Nesta edición, serán Peripatéticos e Lurch os proxectos que debuten, pero tamén se poderá desfrutar do directo de grupos máis rodados, como The Wonderminds e Crimson And Clover que xa participaron en festivais de grande magnitude como o Noroeste Estrella Galicia. De feito, este último grupo resultou ser o máis votado polos seus compañeiros nun concurso realizado esta mesma semana, e terá a posibilidade de gravar un videoclip nos vindeiros meses.
0 comentarios:
Publicar un comentario