15 de mar. de 2021

Novo prazo ordinario de inscrición

 


Xa podes optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite estar actualmente vivindo na cidade, ou cursando estudos nun centro do municipio, son os únicos 2 requisitos.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2021) ou certificado de matrícula escolar para o curso 2020/21 de, cando menos, o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.

O prazo ordinario de inscrición rematará o 5 de abril ás 14.00 h CET. A partires do 7 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando comezo a un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O 21 de abril publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, que darán comezo o 26 de abril.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas en prol da seguridade das persoas usuarias, as cales deben seguir un protocolo co obxectivo de previr novos contaxios. Entre elas, está a toma de temperatura antes de entraren no recinto e a capacidade das salas, de xeito que haxa un mínimo de 4 metros cadrados para cada integrante (actualmente, os ensaios están limitados a un máximo de 4 persoas).



Share:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive