10 de mar. de 2023

Nos Locais, Máis! Aberto novo periodo de inscrición

 


Desde hoxe venres, 10 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas de ensaio semanal gratuito.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2023), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2022/23 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 31 de marzo. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 24 de abril. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate o proceso ordinario.

Os grupos que o desexen terán a posibilidade de crecer máis co seu proxecto musical, podendo gravar as súas composición no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar táboas enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisan con titorías específicas para cada proxecto.

Durante o semestre que está a piques de rematar, déuselle a oportunidade a todos os grupos residentes nos Locais de Ensaio de participar no Festival En Directo 2023, un evento que terá lugar o venrez 17 de marzo na Sala O Túnel do Coliseum, e que contará con 6 grupos cuxo deselvolvemento tivo lugar dentro dos Locais de Ensaio.

Share:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive