27 de feb. de 2013

I The Drum House - Meinl Day no Coliséum


O 16 de marzo tedes unha cita ineludíbel para todos/as os/as amantes da música. En colaboración con Meinl e The Drum House, temos o gusto de presentarvos a Masterclass de batería definitiva, onde 4 artistazos das baquetas mostrarán o seu xeito de tocar o instrumento:


- Colás Lage. O Fenés comezará o evento mostrando a súa pericia na compaña de outros músicos.
- Jairo Ubiaño. Este Xixonés de só 23 anos fai uns meses estaba en California representando á Península Ibérica no I certame V-Drums Contest.
- Juan Carlos Aizpún. Baterista dos míticos Koma, poderedes desfrutar da súa experiencia e variedade de estilos.
- Damien Schmitt. Non vos dicimos máis, só que non vos podedes perder o espectáculo que vai dar este home. Ides flipar con este multi-instrumentista de orixe Francesa...


Serán máis de 4 horas de explicacións e demostracións que recomendamos a músicos de todos os estilos e instrumentos. Finalmente, e contradecindo ao cartaz do evento, terá lugar na pista do propio Coliséum da Coruña, non na Sala O Túnel.

Para poder asistir, poderedes apañar os convites (de balde) tanto en The Drum House (luns a venres de 16.30 a 21.00 h e martes a sábados de 10.00 a 14.00 h) e nos propios Locais de Ensaio da Concellaría de Xuventude (mércores a luns de 16.00 a 22.00 h e sábados e domingos de 11.00 a 14.00 h)*. Coma sempre neste tipo de eventos, prazas limitadas.

O propio día do evento accederase desde a porta 4 do Coliséum, entregando a invitación e presentando o DNI.

* Os días 9 e 15 de marzo os Locais de Ensaio non poderán abrir as súas portas.
Share:

16 de feb. de 2013

Periodo de inscrición VI quenda

O luns, día 18, ábrese o prazo para presentar toda a documentación requirida para poder optar a participar na quenda de abril-setembro 2013 dos locais de ensaio:

- Solicitude debidamente cuberta. 
- Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo. 
- Certificado de empadroamento de 2013 ou matrícula escolar do curso 2012/2013 de, cando menos, a metade do grupo. 
- Permiso paterno/materno/do titor ou titora legal de todas as persoas menores de idade e fotocopia do maior de idade que firma o permiso.

Os modelos de solicitude e permiso a menores atoparédelos neste mesmo blogue, ao igual que o regulamento a seguir.
Os únicos grupos exentos de facer esta solicitude son os que nestes intres compoñen a listaxe de agarda. 
A nova quenda dará comezo o luns 1 de abril.
Tedes até o venres 15 de marzo para achegardes toda a documentación requirida ao Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano: rúa Río Monelos, 1). As solicitudes recibidas a partires do 16 de marzo pasarán á listaxe de agarda dos locais de ensaio, notificando aos grupos integrantes as prazas libres para ensaiar, de habelas, por orde de entrega da solicitude.

Horario CMIX: Luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h e sábados de 11.00 a 14.00 h.

Calquer dúbida, podedes remitila a locaisdensaio@gmail.com.


Share:

11 de xan. de 2013

995.318 grazas!!

Unha por cada gramo de comida acadado no III Festival En Directo, e que o Banco de Alimentos xa se encargou de repartir entre as asociacións ás que acoden os que máis precisan. Acabanos de chegar a confirmación da pesaxe oficial, por iso demoramos tanto a crónica dun festival onde cada un dos 13 grupos participantes defenderon o seu directo diante do seu público.

Tremebundos tiñan a difícil labor de comezar o festival. A súa mestura de boa música con letras picantes e simpáticas sorprendeu aos que ainda non os coñecían.

Man City Blue demostraron a súa melloría dos últimos meses a quenes xa os coñecían, xogando no directo coa dinámica que lles da a cantidade de referencias das que beben.

Con The Ice Road chegou o Hard-Rock ao festival. Actitude, temas propios e moito traballo... son os ingredentes para que as cousas saian ben. 

O Metalcore de Against The Utopian Dream montou os primeiros pogos na Sala O Túnel. 
Ollo aos 16 anos de idade da maioría dos compoñentes do grupo.

Un dos momentazos da tarde-noite foi escoitar a todo o público cantando "Mama mamucha dame o bocata". Gran actividade dos talentosos Tolemia enriba do escenario.

Uns clásicos nestes festivais, Dharmak, ensinaron os seus novos temas. O esforzo e traballo que puxeron no escenario non se pagan con todos os aprausos do mundo!

O Funk-Rock Chili-Pepperiano de Jules & The Wolf tiuvo boa acollida. 
Grupo a ter en conta, só levan 3 meses xuntos!

O show de After All nunca falta ao Festival En Directo.
A xente xa os coñece... e eles encantados!

Ingravity estrearon o seu novo nome, xunto con algunha canción de recente creación, demostrando as gañas que cada un dos integrantes pon para conseguir soar así.

A enerxía de Black Babylon cautivou a todos os presentes.

O xiro ao R&B de calidade de The Zipper foi das meirandes sorpresas da noite.

Semella que non hai Festival se non tocan Almakoa, que están a crear unha lexión de seguidores moi fiel.

Moonk deron o seu primeiro concerto, e foi impresionante ver á xente situada ao fronte do escenario con que concentración e devoción os arrouparon.

A esas 995318 grazas  habería que sumar 60 máis, unha por cada músico participante no evento, pola paixón que lle poñen a cada ensaio para poder dar o mellor de sí nos concertos e gravacións.

Nos Locais de Ensaio estamos comezando este 2013 con forza. Seguide o blogue para coñecer o que estamos a argallar para os vindeiros meses.
Share:

19 de dec. de 2012

Xa temos as invitacións!!

 
Acabamos de recibir os convites que, xunto aos 3 Kg de comida requeridos (legumes, pastas e conservas que serán recollidos na entrada ao recinto) a favor do Banco de Alimentos, daranvos acceso o venres á Sala O Túnel (apertura de portas 18.00 h).

As invitacións poderanse recoller no CMIX do Fórum Metropolitano en horario de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e nos propios Locais de Ensaio de 16.00 a 22.00 h., podendo retirar un máximo de 3 por persoa.
Share:

18 de dec. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Tremebundos no Ágora


18 persoas ateigaron hoxe á tarde a sala 3 dos Locais de Ensaio para asistir ao Clinic de Cubase 7 impartido coa colaboración de Steinberg e PluginAudio  (moitas grazas, Pedro e Jorge polas vosas explicacións). Poidemos admirar todas as novas ferramentas, que axudan á composición de novas cancións (ainda que non se teñan nocións de linguaxe musical), fan máis intuita a mestura e facilitan a elaboración de remixes, entre outras moitísimas cousas (as case 3 horas e media que durou o evento fixéronse curtas!!).

E cambiando de tema, hoxe á mañá o grupo Tremebundos, quenes abrirán o III Festival En Directo deste venres, participaron no programa "Hoy por hoy" de Radio Coruña - Cadena Ser. Tocaron 2 temas propios en formato acústico e recibiron unha breve entrevista.




Share:

13 de dec. de 2012

III Festival En Directo!!


Hoxe presentouse na Sala O Túnel o III Festival En Directo. Terá lugar o 21 de decembro e contará con 13 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio. No evento, que terá unha duración cercana ás 7 horas, haberá música para todos os gustos: Pop-Rock, Funk, Rock acústico, R&B, Rock alternativo, Blues, Hard-Rock ou Metal.

Para acceder, haberá que retirar a invitación (máximo 3 por persoa) no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, ou nos Locais de Ensaio. Avisarase polas redes sociais cando estean dispoñibeis. Ademais, o día do concerto, cada persoa deberá achegar 3 kg de legumes, pastas ou conservas que irán directamente a beneficio do Banco de Alimentos.

Ademais do festival, na presentación aos medios de comunicación, Francisco J. Mourelo (Delegado de Educación, Deportes e Xuventude do Concello), introduciu a nova campaña de visibilización dos Locais de Ensaio que ten por obxectivo que a xuventude da cidade coñeza as nosas actividades.




Share:

27 de nov. de 2012

Presentación de Cubase 7 + Clinic



O martes 18 despedimos as actividades formativas para este 2012 da man de PluginAudio, quenes farán a presentación da nova versión da que, para moitos, é a DAW máis potente do mercado, Cubase 7.

Falarase das novidades que se poderán atopar nesta nova versión, rematando o evento cun Clinic de 2 horas sobre como abordar este tipo de software e as súas posibilidades para músicos, produtores e técnicos de son.

Para poder participar no evento, só deberedes seguir os pasos que atoparedes aquí e agardar a vosa confirmación de asistencia.
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive