18 de dec. de 2017

Masterclass Miguel Lamas



Para o mércores 27 de decembro temos a guinda do pastel do ano 2017: unha masterclass de batería con Miguel Lamas!!.
Aos seus 24 anos, este fenés xa ten unha dilatada carreira e ten traballado con artistas da talla de Raimundo Amador, O´Funk´illo, David Bustamante, Soraya Arnelas, Miguel Ríos, Pepe Bao, Santiago Campillo...
Miguel demostrará é explicará xeitos de como desenvolver musicalidade e habilidade no instrumento a través de músicas pertencentes a varios dos proxectos nos que ten colaborado, intercalando explicación, canción e consellos técnicos e prácticos.

O obradoiro terá lugar na Sala O Túnel do Coliseum o 27 de decembro de 2017 de 19:00 h a 21:00 h. Para asistir, só debes cubrir o formulario que atoparás á dereita deste texto, tendo como prazo de inscrición até o día anterior do evendo, ás 21:00 h. As prazas son limitadas, e pode solicitar asistencia toda a ciudadanía.
Share:

Obradoiro de Beatmaker



Unha das actividades formativas coas que remataremos o ano será un obradoiro de Beatmaker, que terá como puntos claves:
Uso e manexo do software, secuenciadores, gravación de instrumentos externos, utilización de plugins, uso de librerías de sons, etc.

Como poñente, teremos a Aser Rodríguez. Profesor de guitarra en academias ourensás como "Kontrapunto" e "La Casa de la Música" de Fernando Calvo, guitarrista dos Suaves. Con diferentes cursos relacionados coa música as súas costas, este músico tamén ten composto música para bandas sonoras.

Recoméndase levar ordenador portátil e auriculares para a realización do obradoiro.

O obradoiro terá lugar no Espazo de Iniciativas Xuvenís (r/Matadoiro,68) na tarde do martes 26 de decembro de 16:30 h. a 21:30 h. Para inscribirse, só é preciso cubrir o formulario que se atopa na marxe dereita deste blogue, tendo como prazo de inscrición até o día hábil anterior do evento, ás 21:00 h, tendo prioridade na asistencia os/as actuais usuarios/as dos Locais de Ensaio, e despois as persoas menores de 30, aínda que pode solicitar asistencia toda a cidadanía.
Share:

17 de out. de 2017

Listaxe definitivo de admitidos para o comezo da quenda semestral outubro 2017 - marzo 2018

A Continuación se publica a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 23 de outubro.
Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios que terá lugar o xoves ás 20.00 h, no Coliseum (acceso pola porta número 12).
Share:

4 de out. de 2017

Listaxe provisional de admitidos para a quenda semestral de ensaios outubro 2017- marzo 2018

A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que comezará o 23 de outubro:


Unha vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais desde a publicación, para que os interesados podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que onsten con solicitudes incompletas poderán achegar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es. O prazo rematará o venres 13 de outubro, ás 14.00 h CET.

De existir algún grupo que, tendo presentado a súa solicitude en prazo, non aparezan aptos nesta listaxe, poderán porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo todos os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no noso regulamento interno, precisando un representante de cada grupo. 

Os grupos aptos que non asistan á xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude foi enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

18 de set. de 2017

Inscribirse nos Locais nunca foi tan doado


Ábrese un novo prazo de inscrición para optar a unha das 48 prazas de ensaios dispoñibeis para os vindeiros 6 meses. De vos interesar, e como novidade sobre anteriores convocatorias, deberase facilitar toda a documentación requerida ao enderezo electrónico xuventude@coruna.es. As inscricións deberan adxuntar:

- Solicitude debidamente cuberta
- Fotocopia do DNI de todas as persoas integrantes do grupo
- Certificado de empadroamento, con data de 2017, ou ben matrícula nun centro educativo da cidade para o curso 2017/2018 de, alo menos, o 50% dos/as integrantes do grupo
- Permiso do pai, nai, ou responsábel legal de todas as persoas menores de 18 anos, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso

Como atoparás nas bases de convocatoria, os únicos requisitos para acceder aos ensaios son:

- Que, alo menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos
- Que, alo menos, a metade do grupo certifique vivir actualmente na Coruña, ou ben curse estudos actualmente nun centro educativo da cidade

O periodo de inscrición ordinario comprende desde o luns 18, até o venres 29 ás 14.00 h CET. As solicitudes logo dese intre tramitaranse unha vez comezada a nova quenda de ensaios, formando eses grupos a listaxe de agarda por orde de recepción de solicitudes.

Os novos horarios darán comezo o luns 23 de outubro. A listaxe provisional publicarase o 4 de outubro, dando pé a un prazo de reclamacións e de presentación de documentación requerida que rematará o venres 13 ás 14.00 h CET. A partires do 17 de outubro presentarase a listaxe definitiva de admitidos, convocando a (alo menos) un/unha representante de cada un deses grupos á xuntanza de adxudicación de horarios.

Share:

Festival Solidario Coruña En Directo XII


Xa está aquí unha nova edición do noso festival solidario. Serán 5 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio participantes: Harakiri, Proyecto Moucho e Senectud Sideral (participantes nas últimas edicións do Festival Noroeste Estrella Galicia), Sala 5 (un dos grupos dos Locais máis activos en todo 2017), e os debutantes Wondermind.

O evento tratará de apoiar a labor de Intermon-Oxfam, quenes xestionarán unha barra solidaria con produtos de comercio xusto. As invitacións facilitaranse mediante unha doazón de 3 € á ONG, e incluirán unha consumición de auga, refresco, café ou infusión. Poderán retirarse no propio acceso á Sala O Túnel do Coliseum, na tarde do día 29, a partires das 19.30 h.

Atoparás todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co cancelo #EnDirectoXII.


Share:

20 de xuño de 2017

Ensaio En Directo

Vai 2 semanas cumprimos 7 anos desde a apertura do servizo. Como celebración, propuxémoslles aos grupos usuarios unha nova actividade: Ensaio En Directo. Trátase da gravación audiovisual, en directo, dun tema de composición propia, aproveitando todo o equipamento dispoñíbel nos Locais. Nesta primeira edición contamos coa presenza de Harakiri e Sala 5, xa podes ver o resultado destas gravacións na canle de Youtube dos Locais.



Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive