18 de set. de 2017
Home »
» Festival Solidario Coruña En Directo XII
Festival Solidario Coruña En Directo XII
Xa está aquí unha nova edición do noso festival solidario. Serán 5 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio participantes: Harakiri, Proyecto Moucho e Senectud Sideral (participantes nas últimas edicións do Festival Noroeste Estrella Galicia), Sala 5 (un dos grupos dos Locais máis activos en todo 2017), e os debutantes Wondermind.
O evento tratará de apoiar a labor de Intermon-Oxfam, quenes xestionarán unha barra solidaria con produtos de comercio xusto. As invitacións facilitaranse mediante unha doazón de 3 € á ONG, e incluirán unha consumición de auga, refresco, café ou infusión. Poderán retirarse no propio acceso á Sala O Túnel do Coliseum, na tarde do día 29, a partires das 19.30 h.
Atoparás todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co cancelo #EnDirectoXII.
0 comentarios:
Publicar un comentario