2 de nov. de 2019

Festival Solidario Coruña En Directo 16



9 grupos residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña apoiarán coa súa música a 16ª edición do Festival Solidario Coruña En Directo. O Indie-Pop de Planeta Fugaz, Peripatéticos e The Wonderminds, o Rock de Beards & Beers, Crimson And Clover, WetSocks e Lurch, e o Punk de Saint Crown e Nordés encherán de música a Sala O Túnel do Coliseum no serán do venres 8. Serán 5 horas de música nas que descubrir novas propostas musicais feitas pola mocidade coruñesa, apoiando a labor humanitaria da O.N.G. AIRE, asociación de profesionais médico-sanitarios e de emerxencias especializados en crises humanitarias. Para asistir ao evento, o público apoia a súa labor adquirindo 2 caixas de "tiriñas máxicas para feridas reais" directamente ao persoal voluntario da asociación.


Este evento trata tamén de apoiar os primeiros pasos deste tipo de grupos. Nesta edición, serán Peripatéticos e Lurch os proxectos que debuten, pero tamén se poderá desfrutar do directo de grupos máis rodados, como The Wonderminds e Crimson And Clover que xa participaron en festivais de grande magnitude como o Noroeste Estrella Galicia. De feito, este último grupo resultou ser o máis votado polos seus compañeiros nun concurso realizado esta mesma semana, e terá a posibilidade de gravar un videoclip nos vindeiros meses.

Share:

16 de out. de 2019

Listaxe definitivo de grupos admitidos para o comezo da quenda semestral de ensaios outubro 2019-marzo 2020

A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o luns 21 de outubro.

Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.
Share:

1 de out. de 2019

Listaxe provisional de grupos admitidos para a quenda semestral de ensaios outubro 2019 - marzo 2020


A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 21 de outubro:
Unha vez publicada esta listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, requerindo a asistencia dun/dunha representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

10 de set. de 2019

Mellor convosco | Aberto novo prazo ordinario de inscrición



Xa se pode optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio que se ofertan para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos nun centro do municipio son os 2 únicos requisitos.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2019) ou certificado de matrícula para o curso 2019/20
- No caso de haber menores de idade no grupo, se engadirá o permiso paterno/materno ou do titor, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.

O prazo ordinario de inscrición rematará o 27 de setembro. A partires do 1 de outubro subirase a este blogue a listaxe provisional de grupos admitidos, abrindo un prazo de alegacións de 10 días. O 14 de outubro publicarase a listaxe definitiva, convidando por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, os cales darán comezo o luns 21.

Share:

22 de abr. de 2019

Festival Solidario Coruña En Directo 15


Unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo terá lugar o venres 26. Nela, participarán 8 dos grupos residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña, nun evento que durará 5 horas e ecléctico no que atinxe aos estilos musicais: Desde Indie-Pop a Metal, pasando por Rock clásico, Garage e Punk poderanse escoitar ese serán nos baixos do Coliseum.

Os 32 mozos e mozas que se subirán ao escenario da Sala O Túnel apoiarán coa súa música a labor da ONG A.I.R.E., xa que o público deberá adquirir, no propio acceso á sala o día do evento, 2 € en "tiriñas máxicas" que comercializa esta entidade afincada na cidade para costear o apoio humanitario que leva a cabo en lugares como Grecia ou o Sáhara.

Este formato de festival tenta facilitar os primeiros pasos dos proxecto musicais participantes. Grupos coma Atacama ou Nordés terán o seu debut, pero tamén se poderá desfrutar de grupos especialmente activos nos últimos meses como Crimson And Clover ou Theta Waves.

Share:

10 de abr. de 2019

Listaxe definitivo de grupos admitidos para o comezo da quenda semestral abril-outubro 2019

A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o luns 22 de abril.
Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios.
Share:

26 de mar. de 2019

Listaxe provisional de grupos admitidos para a quenda semestral de ensaios abril-outubro 2019


A continuación se publican as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 22 de abril:
Unha vez publicada esta listaxe provisional, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segunda a orde estipulada no regulamento interno, requerindo a asistencia dun/dunha representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematada o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive