A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 19 de outubro:
Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail
facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de
horarios, xunto coas instruccións de acceso á mesma.
As
solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición
serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden
dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en
prazo.
A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 19 de outubro:
Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais
para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen
convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os
grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a
documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es
De
existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo,
non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio
do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaiocoliseum@gmail.com
Todos
os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante
e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume,
iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no
regulamento interno, requerindo a presenza dun/dunha único/a
representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta
xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez
rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de
agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden
sen adxudicar.
Xa podes optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite actualmente vivir ou cursar estudos nun centro do municipio son os 2 únicos requisitos.
- DNI´s de todos/as os/as integrantes - Volante de empadromento (con data de 2020), ou certificado de matrícula escolar para o curso 2020/21, de cando menos o 50% do grupo - No caso de haber menores de idade no grupo, se engadirá o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
O prazo ordinario de inscrición rematará o 25 de setembro. A partires do 29 de setembro, publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando comezo a un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O 13 de outubro publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, os cales darán comezo o 19 de outubro.
Lembramos que este servizo municipal retomou a súa actividade a comezos de xullo, cunha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, quenes teñen que seguir un protocolo ideado para previr contaxios. Entre estas medidas están:
- toma de temperatura antes do acceso. - a capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4 m2 a cada integrante de cada grupo residente. - as salas, e o backline do que están dotadas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.
O
concello activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas
que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen
mobilidade reducida, polo que se fai un chamamento á cidadanía para que
colabore no servizo, dadas as circunstancias provocadas polo
coronavirus.
Para formaren parte do equipo solidario, as persoas solicitantes
teñen que ser maiores de idade e inscribirse a través dun formulario,
que está colgado na páxina web https://www.coruna.gal/participacion/gl/voluntariado/voluntariado-covid-19.
Tampouco poderán anotarse como voluntarias e voluntarias se están
enmarcadas nos colectivos de risco. As e os cooperantes recibirán as
indicacións oportunas por parte de Protección Civil de cara a
desenvolver os labores que se lles pidan nas condicións axeitadas.
Todas e todos os que asuman este traballo sen remuneración farano de
forma individual e seguindo as indicacións e medidas de prevención
marcadas polas autoridades sanitarias.
Xa se pode optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio que se ofertan para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos nun centro do municipio son os 2 únicos requisitos.
- Volante de empadroamento (con data de 2020) ou certificado de matrícula para o curso 2019/20
- No caso de haber menores de idade no grupo, se engadirá o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
O prazo ordinario de inscrición rematará o 22 de marzo. A partires do 24 de marzo subirase a este blogue a listaxe provisional de grupos admitidos, abrindo un prazo de alegacións de 10 días. O 14 de abril publicarase a listaxe definitiva, convidando por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, os cales darán comezo o luns 20.
Os Locais de Ensaio do Concello da Coruña pechan 2019 cunha nova edición de "En Directo Nos Barrios". Trátanse de concertos duns 30 minutos onde os grupos residentes deste equipamento municipal poden dar mostra do traballo que veñen facendo nos últimos meses.
O evento terá lugar na Fundación Luís Seoane os días 26 e 27 de decembro, en horario de 21.00 a 23.00 h, e contará coa participación dos grupos Beards & Beers, Black Crab, Final Act, Saint Crown, Shock e Tangerine. O acceso ao público será libre até cubrir o aforo.