O
concello activa un dispositivo de voluntariado para atender ás persoas
que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen
mobilidade reducida, polo que se fai un chamamento á cidadanía para que
colabore no servizo, dadas as circunstancias provocadas polo
coronavirus.
Para formaren parte do equipo solidario, as persoas solicitantes
teñen que ser maiores de idade e inscribirse a través dun formulario,
que está colgado na páxina web https://www.coruna.gal/participacion/gl/voluntariado/voluntariado-covid-19.
Tampouco poderán anotarse como voluntarias e voluntarias se están
enmarcadas nos colectivos de risco. As e os cooperantes recibirán as
indicacións oportunas por parte de Protección Civil de cara a
desenvolver os labores que se lles pidan nas condicións axeitadas.
Todas e todos os que asuman este traballo sen remuneración farano de
forma individual e seguindo as indicacións e medidas de prevención
marcadas polas autoridades sanitarias.
0 comentarios:
Publicar un comentario