15 de mar. de 2021
Novo prazo ordinario de inscrición
26 de feb. de 2021
27 de xan. de 2021
12 de nov. de 2020
14 de out. de 2020
Listaxe definitivo de grupos admitidos
A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 19 de outubro:
Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios, xunto coas instruccións de acceso á mesma.
As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
29 de set. de 2020
Listaxe provisional de grupos admitidos
A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 19 de outubro:
Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es
De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaiocoliseum@gmail.com
Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, requerindo a presenza dun/dunha único/a representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
7 de set. de 2020
Aberto prazo ordinario de inscrición para o vindeiro semestre de ensaios
Xa podes optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite actualmente vivir ou cursar estudos nun centro do municipio son os 2 únicos requisitos.
Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:
- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadromento (con data de 2020), ou certificado de matrícula escolar para o curso 2020/21, de cando menos o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, se engadirá o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.
O prazo ordinario de inscrición rematará o 25 de setembro. A partires do 29 de setembro, publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando comezo a un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O 13 de outubro publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, os cales darán comezo o 19 de outubro.
Lembramos que este servizo municipal retomou a súa actividade a comezos de xullo, cunha serie de medidas a prol da seguridade das persoas usuarias, quenes teñen que seguir un protocolo ideado para previr contaxios. Entre estas medidas están:
- toma de temperatura antes do acceso.
- a capacidade máxima de cada sala está rebaixada para asegurar un mínimo de 4 m2 a cada integrante de cada grupo residente.
- as salas, e o backline do que están dotadas, desinféctanse logo de cada sesión de ensaio.














