6 de abr. de 2021

Listaxe provisional de grupos admitidos

A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 26 de abril:

Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es.

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com.

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada nas bases de convocatoria, requerindo a presenza dun/dunha representante de cada proxecto musical. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.

Share:

15 de mar. de 2021

Novo prazo ordinario de inscrición

 


Xa podes optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite estar actualmente vivindo na cidade, ou cursando estudos nun centro do municipio, son os únicos 2 requisitos.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.es xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento (con data de 2021) ou certificado de matrícula escolar para o curso 2020/21 de, cando menos, o 50% do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno ou do/a titor/a, asinado e acompañado pola fotocopia do DNI da persoa que dá o permiso.

O prazo ordinario de inscrición rematará o 5 de abril ás 14.00 h CET. A partires do 7 de abril publicarase a listaxe provisional de admitidos, dando comezo a un prazo de 10 días naturais para presentar alegacións. O 21 de abril publicarase a listaxe definitiva de grupos admitidos, e convidarase por e-mail aos grupos aptos á xuntanza de adxudicación dos novos horarios, que darán comezo o 26 de abril.

Debido á emerxencia sanitaria da COVID-19, este servizo implementou unha serie de medidas en prol da seguridade das persoas usuarias, as cales deben seguir un protocolo co obxectivo de previr novos contaxios. Entre elas, está a toma de temperatura antes de entraren no recinto e a capacidade das salas, de xeito que haxa un mínimo de 4 metros cadrados para cada integrante (actualmente, os ensaios están limitados a un máximo de 4 persoas).



Share:

26 de feb. de 2021


 

Share:

27 de xan. de 2021


 

Share:

12 de nov. de 2020


 

Share:

14 de out. de 2020

Listaxe definitivo de grupos admitidos

 A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o vindeiro luns, 19 de outubro:



Os grupos admitidos foron convocados, nos enderezos de e-mail facilitados nas súas inscricións, á xuntanza de adxudicación de horarios, xunto coas instruccións de acceso á mesma.

As solicitudes enviadas unha vez rematou o prazo ordinario de inscrición serán tratadas por orde de envío, ofertando os horarios que queden dispoñibeis tras escoller os grupos que presentaron a documentación en prazo.
Share:

29 de set. de 2020

Listaxe provisional de grupos admitidos

 A continuación publicamos as listaxes provisionais na solicitude de prazas para a quenda semestral de ensaios que dará comezo o 19 de outubro:


Unha vez publicada esta listaxe, ábrese un prazo de 10 días naturais para que os/as interesados/as podan presentar as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas poderán enviar a documentación requerida ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.es

De existir algún grupo que, tendo presentada a súa solicitude en prazo, non apareza nesta listaxe, poderá porse en contacto cos Locais de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaiocoliseum@gmail.com

Todos os grupos que finalmente resulten aptos serán convocados mediante e-mail á xuntanza de adxudicación de horarios. Nela, como é costume, iranse repartindo os horarios dispoñibeis segundo a orde estipulada no regulamento interno, requerindo a presenza dun/dunha único/a representante de cada agrupación. Os grupos aptos que non asistan a esta xuntanza, xunto aos grupos cuxa solicitude fora enviada unha vez rematado o prazo ordinario de inscrición, conformarán a listaxe de agarda. Nela, ofertaranse por orde de solicitude os horarios que queden sen adxudicar.
Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive