23 de mar. de 2011
Home »
A Coruña
,
concellaría de mocidade
,
formación
,
locaisdensaio
,
Músicos ao vivo
,
obradoiros
,
Sala O Túnel
» Temario do obradoiro
Temario do obradoiro
Para irdes abrindo boca, estes son os temas que se van tratar no obradoiro do día 2:
1.- Movemento asociativo en Galiza
- Historia. Outros movementos asociativos anteriores
- A asociación Músicos ao Vivo. Breve descrición, obxectivos e servizos. Necesidade de apoios
- O futuro destes movementos. Profesionalización
2.- Consideración legal dos músicos
- A actividade do músico: un traballo.
- Consideración de traballador/a por conta allea
+ Dereitos e Obrigas (Desemprego...)
- Responsabilidade nas obrigas fiscais e laborais: o/a Empresario/a
+ A consideración de Empresario/a
+ Obrigas
+ Subcontratación
3.- Contratación dos músicos
- A factura. Diferenza con outros documentos (recibí).
- Fórmulas para poder emitir factura:
+ Contratación por un terceiro (manager, productora, ...)
+ Formas societarias (C.B., S.L., S.A., ...)
+ Autónomos
+ Persoa física
- As cooperativas de músicos
+ Clases e funcionamento
+ Vantaxes para o músico
+ Vantaxes para o promotor
- Exemplos de factura
+ Salario
+ Gastos da actividade
+ S.S. (Tarifas 2011. Tramos)
+ IRPF
+ IVE (mecanismo para recuperalo)
- Outros documentos de interese
+ Contrato laboral (clausulas máis importantes)
+ Declaración de plantel
4.- Rolda de intervencións dos asistentes
A meirande parte destes conceptos explicaranse moi resumidos, de xeito que o obradoiro sexa o máis atractivo posíbel para as persoas asistentes. Resaltamos a importancia da rolda de intervencións, para que expoñades os vosos casos, ou as dúbidas que vos poidan xurdir sobre o tema.
E recordade que é de balde, as prazas son limitadas, e tedes que vos inscribir seguindo estes pasos. O periodo de inscrición rematará o venres 1, ás 20.00 h.
0 comentarios:
Publicar un comentario