Hoxe visitounos a Xunta Directiva ao completo da Asociación Músicos ao Vivo, que lles introduciu a todos e a todas os asistentes as cuestións que se ían tratar: Profesionalidade do/a músico, xeitos de xestionar o cobro do traballo como músico, asociacións de músicos, ...
O obradoiro foi participativo, o que fixo que a xente marchara do Coliséum coas dúbidas sobre o tema resoltas.
Para o vindeiro mes voltaremos con outro obradoiro, que tratará técnicas de canto. Estade atentos/as ao blogue, para cando se abra o periodo de inscricións.
0 comentarios:
Publicar un comentario