O sábado desfrutamos da segunda edición do festival enchufados, onde oito das bandas que ensaian nos locais de ensaio mostraron o seu traballo dos últimos meses.
As persoas que asistiron puideron, ademais de desfrutar do fresquiño que ía na Sala O Túnel (e ben que se agradecía no día máis caloroso do que vai de ano), cantar, bailar, facer pogo e mosh pit, ... 4 horas de festival dan para moito!!
Coma sempre, desde a organización queremoslles agradecer aos grupos participantes a súa entrega, e... recordámosvos que xa queda menos para os seguinte festival!!.
After all foron os encargados de comezaren o festival.
Extretxez demente sacaron o lado máis Punk do festival.
Puidemos ver os progresos da xente de Venus on fire.
A xente flipou cos Shinnen e co espectáculo que montaron no seu primeiro concerto.
Fouce: batería, baixo, guitarras e até un corno vikingo ao servizo do seu Metal.
Outro grupo que repetía: chegaba a hora de Avézar.
O momento Metalcore a cargo dos Nhyl.
E, para rematar, desfrutamos do bo Rock da xente de The zipper.
Fotos: Raúl Doldán
0 comentarios:
Publicar un comentario