Xa podedes retirar as entradas que vos darán acceso ao festival do día 23 no Fórum Metropolitano. Lembrade que os puntos de recollida son:
- Fórum Metropolitano (conserxería): de luns a sábado en horario ininterrumpido de 08.00 a 21.00 h.
- Centro Municipal de Información Xuvenil: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e os sábado de 11.00 h a 14.00 h.
- Locais de ensaio: de luns a sábado de 16.00 a 22.00 h e ademais os sábados de 11.00 a 14.00 h.
Darase un máximo de 3 entradas por persoa e, como xa sabedes, ademais de posuir a invitación precisades facer unha doación a beneficio da Cociña Económica que inclua 2 Kg de produtos non perecedeiros (unha vez máis recalcamos a necesidade dos seguintes produtos: legumes, pastas e conservas) e máis un produto de aseo persoal (pasta de dentes, desodorizante, xampú ou xel son as cousas que máis precisan).
Para quen o prefira, damos a opción de facer a doación nos puntos de recollida á vez que se retira a invitación nos días anteriores ao evento. No momento de facer a doación, marcarase a entrada cun cuño que permitirá acceder directamente ao recinto o día do festival.
0 comentarios:
Publicar un comentario