Espectacular. Con esa palabra podemos definir o que foi, e significou, o Festival do pasado sábado na pista central do Coliséum. Ao redor de 300 persoas achegáronse nunha horríbel tarde de inverno até a proposta que co-producían Meinl (MusicXsite), The Drum House, e Locais de Ensaio, dentro da proposta formativa para músicos que xa coñecedes.
Unha montaxe que dispoñía as 4 baterías a usar en ringleira, facilitando a visión desde calquer punto da grada, para non perder un só movemento, escoitándose cada matiz perfectamente en todo o recinto.
Colás Lage xogaba na casa, e ben que se notou. Comezou o festival da man dos seus músicos de confianza, demostrando a súa experiencia enriba do sillín.
Jairo Ubiaño demostrou un nivel de madurez difícil de chegar con só 23 anos. Casi tan boas as explicacións como a execución, dando unha masterclass moi participativa e da que todos/as sacaron algo en claro.
Juan Carlos Aizpún impresiona no 1º compás no que o ves tocar. Cunha pegada que facía tremer o Coliséum, molestouse en deixar claras as súas explicacións, e deixou á xente boquiaberta coa súa interprentación, tanto de temas de Koma, como algunha cousiña dos Meshuggah.
E para rematar... presentaban a Damien Schmitt coma un Extraterrestre. O certo é que é difícil atopar un músico tan detallista coma él (a meticulosidade coa que apretaba máis, ou menos, cada prata para según que pasaxe do tema que estaba a tocar, e como reflicten eses detalles ao seu son, un exemplo), xa que ademais é pianista, guitarrista, baixista e mesmo productor. Por non falar do dominio que ten nas cordas vocais (participante da última edición do programa "A Voz" en Francia). O caso é que sumerxíu ao público nas súas composicións (que verán a luz nos vindeiros meses en formato CD). Extraterrestre!!
Agardamos que todos/as os/as asistentes desfrutaran das 4 horas do evento na compaña destes 4 comprometidos, talentosos e simpáticos bateristas, e os que non puidéchedes asistir... non vos preocupedes!, falarase moito na cidade desa maravillosa tarde de inverno.
0 comentarios:
Publicar un comentario