Son moitos os certames que, aproveitando os meses previos á temporada de festivais, póñense en marcha. Non deixes pasar a oportunidade de inscribir ao teu grupo nos seguintes concursos musicais:
- O concurso anual de CUAC FM para bandas e solistas xa publicou as súas bases para esta XIX edición.
Premios: Até 800 € + Tocar no Festival Noroeste Estrella Galicia.
Data límite de inscrición: 26 de maio
- O concurso Rock da Deputación da Coruña pasa a chamarse nesta nova edición Concurso Fran Pérez "NARF" para grupos e artistas musicais.
Premios: Até 3000 €
Data límite de inscrición: 15 de xullo
- Sonidos Mans engloba todos os concursos nos que colaboraba Estudios Mans xunto a diversos festivais galegos.
Premios: Tocar nalgún destes festivais: Atlantic Fest, O Marisquiño, Sonrias Baixas, Portamérica, Revenidas, e/ou Sinsal.
Data límite de inscrición: 28 de abril
- Concurso Pop-Rock Villa de Bilbao. Pese a distancia, de seguro que a cuantía dos seus premios animan a participar a máis dun grupo coruñés.
Premios: Até 5000 €
Data límite de inscrición: 15 de maio
- Proyecto Demo 2017 é unha colaboración de RTVE e o Festival Internacional de Benicàssim. Na edición anterior, o grupo usuario dos Locais Say My Name chegaron ás semifinais deste certame.
Premios: Gravación no programa "Los directos de Radio 3", e emisión en La2 + Tocar no FIB, cun caché de 1000 €, e pases de backstage para os 4 días de festival.
Data límite de inscrición: 24 de abril
Para máis novas de interese musical, visita as páxinas dos Locais de Ensaio en Facebook e Twitter.

0 comentarios:
Publicar un comentario