Unha
vez publicada a listaxe provisional, ábrese un prazo de 5 días hábiles,
desde a publicación, para que os interesados podan presentar
as alegacións que estimen convintes. Finalizado este prazo, publicarase a
listaxe definitiva. Os grupos que consten con solicitudes incompletas
poderán achegar a documentación requerida nos rexistros municipais en
horario de 08.00 a 14.00 h. Esta documentación tamén se poderá entregar
de
xeito telemático a través da sede electrónica. O prazo rematará, en
ambos os casos, o mércores 12, ás 14.00 h CET.
De
existir algún grupo que, tendo presentado a súa solicitude en prazo,
non aparezan aptos nesta listaxe, poderán porse en contacto cos Locais
de Ensaio do Concello da Coruña no e-mail: locaisdensaio@gmail.com
0 comentarios:
Publicar un comentario