O venres 2 de marzo terá lugar unha nova edición do Festival Solidario Coruña En Directo, con 7 dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Xunto a Wondermind (quenes debutaron xusto na anterior edición, celebrada o pasado setembro), descubriremos novas propostas: o Rock que levan dentro os integrantes de Chomoloco, Fatty Boop e Strob; o Folk de DeQuenVesSendo, o Pop-Rock de Indigo, e o Punk dos Theta Waves. Serán en total 29 usuarios dos Locais que se subirán ao escenario da Sala O Túnel para mostrar o traballo realizado nos ensaios dos últimos meses, nun evento que terá unha duración de 4 horas e media. Con estes, sumaranse 60 grupos (máis de 200 mozos e mozas) intervenientes nas xa trece edicións deste formato de festival que, semestralmente, tenta dar visibilización aos grupos noveis da cidade, ademais de apoiar unha boa causa.
Este evento procura ser un trampolín para grupos participantes, a quenes non sempre lles é doado atopar un lugar onde mostrar a súa música. En edicións anteriores, poideron debutar nun escenario grupos que despois deron actuado en festivais consagrados como o Festival Noroeste EG, como Harakiri, Senectud Sideral, ou Say My Name (quenes tamén participaron na última edición do Festival Portamérica), e grupos especialmente activos na escea local actual, como Jules & The Wolf e Proyecto Moucho.
As invitación estarán dispoñibeis no acceso á sala (a cal está situada nos baixos do Coliseum), o propio día do evento. Para acceder aos concertos, pedirase achegar, alo menos, 3 Kg/l de alimentos non perecedeiros a favor da Cociña Económica. Preferentemente: feixóns, lentellas, macarróns, zume (en brick), atún en lata, e aceite.
Poderás seguir todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co Hashtag #EnDirectoXIII.
Poderás seguir todas as novidades do evento nas nosas redes sociais, co Hashtag #EnDirectoXIII.
0 comentarios:
Publicar un comentario