Logo da boa acollida do ano pasado, onde se esgotaron todas as entradas, este venres 30 chega unha nova edición deste formato de concertos showcase no Castelo de San Antón.
Serán 3 os grupos usuarios dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña que participarán nesta ocasión: Batiscafo, Hundred Fires e Revel Velvet. Se ben todos estes proxectos parten da etiqueta Pop-Rock, cada un deles mostrará enriba do escenario os matices que os definen.
Para acceder ao evento como público, só hai que descargar os convites que están á disposición de toda a cidadanía en coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.
0 comentarios:
Publicar un comentario