Desde este luns, 18 de setembro, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas semanais de ensaio que se ofertan por grupo. A documentación requerida deberá enviarse ao enderezo de e-mail xuventude@coruna.gal.
O prazo ordinario de inscrición rematará o 1 de outubro. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 23 de outubro. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por
orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate esteproceso ordinario.
Os novos grupos residentes terán a posibilidade de desenvolver, de balde, o seu proxecto musical nun espazo totalmente equipado, podendo gravar as súas composicións no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar experiencia enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisen con titorias específicas para cada proxecto.
0 comentarios:
Publicar un comentario