13 de feb. de 2012

Abrese o prazo de inscricións para a nova quenda semestral



Hoxe abriuse o prazo para presentar toda a documentación requirida para poder optar a participar na quenda de setembro-marzo 2012 dos locais de ensaio:
- Solicitude debidamente cuberta.
- Fotocopia dos DNI de todos/as os/as compoñentes do grupo.
- Certificado de empadroamento de 2012 ou matrícula escolar do curso 2011/2012 de, cando menos, a metade do grupo.
- Permiso paterno/materno/do titor ou titora legal de todas as persoas menores de idade e fotocopia do maior de idade que firma o permiso.

Os modelos de solicitude e permiso a menores atoparédelos neste mesmo blogue, ao igual que o regulamento a seguir.
Os únicos grupos exentos de facer esta solicitude son os que nestes intres compoñen a listaxe de agarda.
A nova quenda dará comezo o luns 19 de marzo.
Tedes até o venres 9 de marzo para achegardes toda a documentación requirida ao Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano: rúa Río Monelos, 1). As solicitudes recibidas a partires do 10 de marzo pasarán á listaxe de agarda dos locais de ensaio, notificando aos grupos integrantes as prazas libres para ensaiar, de habelas, por orde de entrega da solicitude.

Horario CMIX: Luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h e sábados de 11.00 a 14.00 h.
Calquer dúbida, podedes remitila a locaisdensaio@gmail.com.
Share:

20 de xan. de 2012

Obradoiro de mantemento e customización de guitarras (e baixos!!)



Desta vez, a oferta formativa dos locais de ensaio tratará sobre os coidados básicos adicados aos vosos instrumentos. Contaremos coa colaboración do recoñecido luthier Toxo, quen ademais de facervos unhas demostracións in situ coa ferramenta propia do seu gremio, mostrarvos diversas guitarras, e facer diversas explicacións sobre a súa profesión, atenderá (e pensamos que esta é a parte importante do obradoiro) todas as vosas dúbidas sobre a materia.

Tal e como pon no cartaz, o evento comezará (coma sempre puntualmente) ás 11.00 h do día 28 deste mes, e terá lugar na Sala O Túnel do Coliséum. Para inscribirvos, só tedes que seguir estes sinxelos pasos. 
Share:

27 de dec. de 2011

Festival En Directo!! (crónica)




O pasado venres poidéchedes desfrutar do Festival En Directo!!, no que 11 das bandas que ensaian nos locais de ensaio mostraron os seus temas a todo o público que quixo achegarse ao Fórum Metropolitano. É de agradecer a todos e todas os que quixéchedes apoiar a estes grupos a vosa donación para a Cociña Económica, pois a morea de alimentos e produtos de aseo persoal que achegástedes sorprendía a todas as persoas que pasaban canda ela.

Agradecemos a labor realizada tanto aos compoñentes de todos os grupos, como a todas as persoas que colaboraron para que o evento sairá o mellor posíbel.

Lembrade que xa queda menos para o seguinte Festival. Desde os locais de ensaio da Concellaría de Xuventude desexámosvos un feliz 2012!!.

Peyote


Distrito 81



After all



Akupuntura



Rockers in black



Carretera Comarcal



The zipper



Venus on fire



Dharmak



Shinnen



Fouce



Fotos: José Guerra.
Share:

14 de dec. de 2011

Entradas para o festival En Directo!!


Xa podedes retirar as entradas que vos darán acceso ao festival do día 23 no Fórum Metropolitano. Lembrade que os puntos de recollida son:

- Fórum Metropolitano (conserxería): de luns a sábado en horario ininterrumpido de 08.00 a 21.00 h.
- Centro Municipal de Información Xuvenil: de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e os sábado de 11.00 h a 14.00 h.
- Locais de ensaio: de luns a sábado de 16.00 a 22.00 h e ademais os sábados de 11.00 a 14.00 h.

Darase un máximo de 3 entradas por persoa e, como xa sabedes, ademais de posuir a invitación precisades facer unha doación a beneficio da Cociña Económica que inclua 2 Kg de produtos non perecedeiros (unha vez máis recalcamos a necesidade dos seguintes produtos: legumes, pastas e conservas) e máis un produto de aseo persoal (pasta de dentes, desodorizante, xampú ou xel son as cousas que máis precisan).

Para quen o prefira, damos a opción de facer a doación nos puntos de recollida á vez que se retira a invitación nos días anteriores ao evento. No momento de facer a doación, marcarase a entrada cun cuño que permitirá acceder directamente ao recinto o día do festival.


Share:

12 de dec. de 2011

Festival En Directo!! 23-12-2011


Hoxe presentouse en María Pita á prensa o festival "En Directo", que o día 23 levará ao auditorio do Fórum Metropolitano 11 dos grupos que ensaian nos locais de ensaio.

O evento dará comezo ás 19.30 h, e cada un dos grupos participantes terá 25 minutos para demostrar o seu traballo nos últimos meses. A orde de actuación virá marcada polo estilo musical de cada grupo, deixando para o final os grupos que máis intensidade repartan no escenario. Será un concerto moi variado, debido aos diversos estilos dos grupos: desde Rock & Roll a Viking Metal pasando polo Blues ou o Hard Rock.

Os convites poderanse recoller na conserxería do Fórum Metropolitano (de luns a sábado en horario de 08.00 a 21.00 h), no Centro Municipal de Información Xuvenil (de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h, e os sábado de 11.00 h a 14.00 h), ou nos mesmos locais de ensaio (como xa sabedes, de luns a sábado de 16.00 a 22.00 h e ademais os sábados de 11.00 a 14.00 h), a finais desta semana. Pero para poder acceder, ademais de posuir unha invitación, pediremos a achega dun produto de aseo persoal máis dous kilos de alimentos non perecedeiros a favor da Cociña Económica, e deste xeito contribuir coa súa causa neste duro inverno. Debido ás necesidades que teñen, compre que os produtos a doar sexan pastas, legumes ou conservas (no caso dos alimentos) e pasta de dentes, xel, xampú ou desodorizante.

Cada persoa poderá retirar un máximo de 3 convites e os cidadáns que non desexen achegar os produtos requeridos o día do festival, poderán deixalos nos locais de ensaio (até o xoves 22), acuñando o convite para permitir o acceso ao auditorio. Estade atentos ás nosas contas en facebook e tuenti e neste mesmo blogue, pois daremos o aviso de cando estean dispoñibeis as invitacións nos respectivos puntos de recollida.

Ademais de falar do festival, Francisco J. Mourelo (Delegado de Educación, Deportes e Xuventude do Concello) aproveitou para comentar o éxito dos locais de ensaio, nos que 123 usuarios e usuarias cubren todas as prazas divididas en 33 grupos, o que fará que desde o comezo de 2012 se habilite un novo horario (os domingos de 16.00 a 19.00 h) para sanear a pobrada listaxe de agarda do espazo municipal, alomenos até o novo cambio de quenda, que será en marzo.
Share:

26 de nov. de 2011

Master Class de Miguel Lamas (Crónica)


Hoxe na Sala O Túnel, Miguel Lamas demostrou a enorme técnica que ten para isto de tocar a batería. Todos os alí presentes desfrutaron das súas explicacións e demostracións, e intentou que a Master Class fose o máis participativa posíbel (incluido o "momento concurso" no que Manuel, dos Rockers in Black acertou a pregunta e levou o premio).

E como xa se sabía, Octavio Vargas e Iago Mouriño apoiaron as súas explicacións ao baixo e ao teclado. Ao final do evento, todos os asistentes tiveron a oportunidade de probar os novos modelos SANTAFE Miguel Lamas Signature.

Share:

16 de nov. de 2011

Master Class de Miguel Lamas


Un mes máis, achegámosvos a nosa proposta didáctico-musical, e desta vez, toca adentrarse no mundo da batería, da man de Miguel Lamas. Este Fenés de tan só 18 anos tenvos preparado unha clase na que falará dos seguintes temas:

• Papel da batería dentro dunha banda.
• Desenrolo e compresión dun tema (tratándoo de diferentes xeitos e deténdonos nas diferentes partes) de cada estilo e concepto de FUSIÓN (rock, jazz, funk...)
• A batería como solista.
• Métricas Irregulares. Amalgamas.
• Presentacións das novas baterías SANTAFE Miguel Lamas Signature.

E para axudalo, contará co bo saber facer de Octavio Vargas (Baixo eléctrico) e Iago Mouriño (Teclados), para axudar ás súas explicacións do xeito máis natural: tocando!!.

O evento terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 11.00 h na Sala O Túnel do Coliséum. Se queres asistir, só tes que te inscribir seguindo estes pasos.

Share:

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive