10 de mar. de 2023

Nos Locais, Máis! Aberto novo periodo de inscrición

 


Desde hoxe venres, 10 de marzo, pódese optar a unha das 48 prazas semanais de ensaio para o vindeiro semestre nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Que, cando menos, a metade do grupo sexa menor de 30 anos, e que o 50% da agrupación acredite vivir ou cursar estudos actualmente na cidade son os 2 únicos requisitos para desfrutar das 3 horas de ensaio semanal gratuito.

Podes consultar as bases de convocatoria, descargar o formulario de inscrición, e envialo a xuventude@coruna.gal xunto ao resto da documentación requerida:

- DNI´s de todos/as os/as integrantes
- Volante de empadroamento no Concello da Coruña (con data de 2023), ou ben certificado de matrícula escolar para o curso 2022/23 nun centro da cidade de, cando menos, a metade do grupo
- No caso de haber menores de idade no grupo, engadirase o permiso paterno/materno/do titor/a, asinado e compañado polo DNI da persoa que dá o permiso

O prazo ordinario de inscrición rematará o 31 de marzo. Os novos horarios resultantes deste proceso comezarán a aplicarse a partires do 24 de abril. Ás inscricións que se envíen fóra de prazo asignaránselles, por orde de recepción, os horarios que queden dispoñibeis unha vez remate o proceso ordinario.

Os grupos que o desexen terán a posibilidade de crecer máis co seu proxecto musical, podendo gravar as súas composición no estudio, depurar a súa imaxe corporativa, gañar táboas enriba dun escenario en eventos e festivais, e recibir o apoio que precisan con titorías específicas para cada proxecto.

Durante o semestre que está a piques de rematar, déuselle a oportunidade a todos os grupos residentes nos Locais de Ensaio de participar no Festival En Directo 2023, un evento que terá lugar o venrez 17 de marzo na Sala O Túnel do Coliseum, e que contará con 6 grupos cuxo deselvolvemento tivo lugar dentro dos Locais de Ensaio.

Share:

Festival En Directo 2023

 


Reformúlase o Festival En Directo co fin de dar a coñecer novas propostas musicais da cidade. O venres 17, a partires das 20.00 h, poderase desfrutar dos concertos, en formato showcase, de seis proxectos musicais desenvolvidos dentro dos Locais de Ensaio do Concello da Coruña. Desfrutarase dunha grande variedade musical esa noite, entre o pop-rock de Revel Velvet e Roda Door, o metal alternativo de Leftlovers, e os diversos sub-xeneros do Rock que presentarán Black Crab, Crimson And Clover e Os Presuntos.

O evento terá lugar na Sala O Túnel do Coliseum da Coruña. Para acceder como público, poderanse descargar de balde as entradas a través da web coruna.gal/mocidade. A capacidade do emprazamento estará limitada.

Share:

Incrición obradoiros ou masterclasses

número de visitas

Participación e Innovación Democrática

Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX)

Blog Archive