Este mes, temos un obradoiro do máis interesante. Tratará os xeitos de moverse enriba dun escenario, complementando o que nese momento esteades a cantar ou tocar, co fin de que chegue ao público unha mensaxe máis clara do que queredes transmitir.
E como condutor do obradoiro estará Sergio Zearreta, coñecido pola súa faceta de actor (tanto en teatro como en cine ou televisión), e tamén por ser o cantante da banda Ourensá Lamatumbá.
Coma sempre, este obradoiro é de balde: só fai falla roupa cómoda, gañas de soltarse e de aprender. Pódese inscribir calquera mais terán prioridade os usuarios e usuarias dos locais de ensaio (prazas limitadas!!).
O obradoiro terá lugar o día 26 deste mes, ás 11.00h, na Sala O Túnel.
Tedes até o día 25 ás 20.00 h para enviardes por correo electrónico a inscrición que podedes atopar aquí.